Derrogar o decreto do galego e converter galescolas "en garderías&qu
Fecha Lunes, 02 marzo a las 11:37:41 Tema PHP-Nuke
Garantir a liberdade lingüística e minimizar os efectos da crise
económica. Esas serán as dúas prioridades que se marcará o candidato do
PPdeG e futuro presidente da Xunta,
Alberto Núñez Feijoo para o seu mandato. Así o adiantou en campaña e
así o confirmou este luns en diferentes entrevistas para diversos
medios de comunicación.
Decreto do galego e garderías sen ideoloxías Xa
durante a campaña electoral, Feijoo comprometerase a derrogar o decreto
que regula o emprego do galego no ensino e que estabelece que, polo
menos, a metade das materias no período non universitario deben
impartirse na nosa lingua. Cos resultados dos comicios xa na man, o
secretario xeral do partido, Alfonso Rueda, adiantou na Radio Galega
que está será unha das prioridades do novo goberno. Do mesmo xeito, o
responsábel popular asegurou que outro obxectivo inicial será o de
"converter as galescolas en garderías sen ideoloxías".
Audi á venda e Rajoy fortalecido
Na mesma liña se manifestou Núñez Feijoo nunha entrevista ao programa de Telecinco, La Mirada Crítica,
onde adiantou que outra das primeiras decisións que tomará como
presidente será a de poñer en venda o coche oficial de Emilio Pérez
Touriño. "Por convicción persoal, xa que non é necesario ese vehículo,
e por compromiso social, porque en Vigo temos a factoría de Citroën á
que é necesario apoiar", dixo comprometéndose a utilizar un coche desta
marca.
Doutra banda, asegurou que este triunfo "está mandando
unha mensaxe a todos os españois de que o cambio político" no Estado
Español "é posíbel", ao tempo que asegurou que estes resultados
"acreditan e fortalecen" a Mariano Rajoy.
Baixada de impostos Outra
das prioridades de Feijoo é a de "combater a crise e crear postos de
traballo", para o que, durante a campaña, falou de "austeridade".
Comprometeuse neste eido a rebaixar o imposto de sociedades ás
empresas, suprimir os impostos de sucesións e doazóns e "facer
reformas" no modelo económico actual. Asemade, durante os pasados días
prometeu reducir os impostos ás persoas con discapacidade ou baixar o
tramo autonómico do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF).
Outros cambios Nesa
mesma liña de austeridade, o futuro presidente da Xunta tamén adiantou
que baixará o número de consellarías, que pasarían de 12 a 10. Con
todo, non quixo concretar cales dos actuais departamentos
desaparecerán, cousa que deixou para o momento de formar goberno. Ao
tempo, falou de diminuír nun 40% o número de altos cargos suprimindo a
figura dos delegados provinciais e nomeando un único delegado nas catro
provincias e, a maiores, outro en Vigo.
No referente ao Estatuto
de Autonomía, que previsibelmente se retome nesta lexislatura, Feijoo
falou dunha proposta propia do seu partido, para que o futuro do*****ento
se "axuste ao marco institucional".
Para profundar nos compromisos de Alberto Núñez Feijoo e do Partido Popular, aquí está o seu programa electoral.
Link: VIONLine
|
|