ASCM Cedeira
Fecha Jueves, 28 enero a las 10:56:00
Tema PHP-Nuke


A Asociación Sociocultural de Discapacitados sobre Rodas de Cedeira informa a todos os seus usuarios que xa teñen á súa disposición un novo vehículo de transporte. A entidade, que inicia a súa andaina cunha nova directiva, está integrada por parte dos socios que formaba a delegación cedeirense da ASCM de Ferrol, que tamén ten sede no municipio de Narón.

Desde a entidade lembran que no seu día a ASCM de Ferrol cedeu á súa filial en Cedeira un vehículo "que eles non utilizaban", din. Precisamente este medio de transporte foilles retirado agora tras a separación das entidades, algo que lamentan desde o colectivo cedeirense.

Así mesmo, senten que ademais da retirada do vehículo teñan que quitar o cartel identificativo situado na fachada da oficina. Así mesmo, confian en que "non todos os directivos da ASCM, que un día foron compañeiros, compartan a decisión do presidente da entidade, Anxo Gárate".

Link: DFONLine








Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=717