EDAR Montoxo
Fecha Jueves, 28 enero a las 11:52:04
Tema PHP-Nuke


O goberno municipal de Cedeira continúa cun dos seus principais propósitos durante o actual mandato, dotar á vila cedeirense das infraestruturas necesasarias de saneamento. Unha vez iniciados os traballos no centro histórico agora faise o propio coa zona rural.

A semana pasada, o día 21 de xaneiro, abríronse formalmente as ofertas presentadas por distintas empresas até a data para facerse cargo da obra, orzada en 536.830 euros.

Deste xeito, do once propostas recibidas a máis vantaxosa é a que presentou a UTE Contragua SL e Construcións Ramón Vázquez e Reino SL, de 395.000 euros. Trátase dunha cantidade que rebaixa a proposta inicial en máis de 141.000 euros. Un diñeiro, que segundo apuntou onte o alcalde do municipio, José Luís Vergara, ?viranos moi ben para continuar co saneamento noutros puntos do municipio?.

Como se lembrará, esta obra acometerase con fondos do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña.

Casco antigo > Por outra banda, os traballos no centro histórico cedeirense de substitución do pavimento e mellora das redes de saneamento e abastecemento, que se fixeron con cargo a unha partida dun millón de euros relativa á primeira anualidade do Plan E, están practicamente concluídas, tal e como explicou o rexedor cedeirense. De feito, estaba previsto que as obras concluísen a finais de ano pero pediuse unha prorróga. Estes días os operarios traballan no último encontro de rúas. Unha operación difícil, segundo explicou José Luís Vergara, debido a que deben encaixar as pedras dunha rúa coas da outra de forma que coincidan totalmente.

AC-566 > Así mesmo, o alcalde de Cedeira entrevistarase hoxe co xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Antonio Álvarez, para pedirlle unha serie de melloras na AC-566 na entrada da vila, xa que as obras realizadas no verán presentan numerosas deficiencias.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=716