FORGA renova a súa imaxe visual e inicia unha campaña na defensa d
Fecha Martes, 26 enero a las 10:15:27
Tema PHP-Nuke


A mudanza responde a un cambio global na organización da Fundación da CIG
A imaxe que estamos afeitos a ver da Fundación para a Orientación, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA) vén de sufrir unha remodelación visual, dentro da renovación global que se está levando a cabo na organización da entidade. Ao logotipo e ao seu símbolo habitual, agora súmanselle dous novos elementos: a estrela vermella de cinco puntas atravesada por unha banda azul, elementos propios da bandeira nacional galega, mais unha consigna a prol da formación no noso idioma.


© 2010 ForGA


A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA) vén de renovar a organización interna da entidade para adaptala a nova situación da formación e das necesidades dos traballadores/as neste eido. Como unha parte deste plano de mudanzas, a actual dirección de FORGA ten considerado que sería necesario proxectar ao exterior a súa imaxe dun xeito “máis acorde cos cambios que se están operando no seu interior”.

Neste senso, segundo explicou o responsábel de FORGA, Anxo García Torres, a Fundación está presentado publicamente a súa renovada imaxe, constituída polo logotipo corporativo tradicional ao que se lle ten engadido un novo logotipo para campañas específicas, que acompañará ao anterior e mudará o seu contido consonte coa iniciativa que se estea proxectando en cada momento.

“En galego sabes máis”

Así, decidiuse inaugurar esta nova xeira de FORGA pondo en marcha unha campaña na defensa do noso idioma, para a que se vai empregar a estrela vermella de cinco puntas atravesada pola banda azul, elementos propios da bandeira nacional galega.

A integración destes símbolos na imaxe corporativa de FORGA vén acompañada dun novo “slogan” na defensa do noso idioma: “En galego sabes máis, e por riba sabes todo”. Con esta consigna a Fundación pretende englobar dous dos seus obxectivos: a formación como ferramenta para mellorar as condicións dos traballadores/as e a normalización, defensa e promoción da nosa lingua en todos os eidos.

Obxectivo: mellorar as condicións dos traballadores/as

FORGA naceu en 1996 ao abeiro da Confederación Intersindical Galega coa vontade de constituírse nunha ferramenta eficaz, áxil e útil para mellorar as condicións laborais e a cualificación profesional dos traballadores as traballadoras a través da formación, incrementando así as posibilidades de atopar un emprego e da promoción profesional.

Os obxectivos e as finalidades de FORGA son:

1.- Fomentar o estudo e a investigación en materia de formación profesional  social dos traballadores de Galiza.

2.- Colaborar no estudo de necesidades de formación e cualificación dos traballadores/as, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

3.- Contribución á mellora das condicións de traballo mediante a intervención na formación básica e permanente.

4.- Participar nas modalidades e niveis que define o padroado na implantación directa de actividades de formación básica e permanente.

5.- Prestarlle atención prioritaria á formación de desempregados/as con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tais como: mozos/as de primeiro emprego, mulleres que reingresan no eido do traballo ou parados/as de longa duración.

Link: UPG Cedeira . Calexon.com






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=713