Fitur
Fecha Jueves, 21 enero a las 12:40:27
Tema PHP-Nuke


No recinto feiral de Madrid, de novo soará este ano o nome de Ferrol: hoxe ao mediodía preséntase a Semana Santa, e alí estará Radio Voz para contarlles o que se coce en Fitur. María Meizoso adiantaranos, en directo, o programa de actos previsto para esta mañá e tamén para a tarde, xa que o Plan de dinamización turística de Ferrolterra, Eume e Ortegal tamén presentará as súas actividades hoxe na Feria Internacional de Turismo de Madrid.


Pero ademais, o programa Voces de Galicia, que dirixe e presenta Isidoro Valerio, emitirase hoxe tamén en directo (desde as 11.05 ás 13.30 horas) desde a caseta de Galicia situado en Fitur. E prestará especial atención á promoción turística destas comarcas. Polo set de Radio Voz pasarán esta mañá o concelleiro de Turismo de Ferrol, Ramón Veloso; o vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar; a presidenta da Coordinadora de Confrarías, Meca Arcos, e os representantes dos concellos de Fene, As Pontes, Cariño , Cedeira, Narón, Valdoviño e Ortigueira, entre outros invitados.



Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=710