Aberto o prazo de matrícula
Fecha Jueves, 21 enero a las 11:02:14
Tema PHP-Nuke


O IES Punta Candieira informa de que xa está aberto o prazo de matrícula para o curso de Prevención de Riscos Labores -de 60 horas-, que imparte persoal da compañía Mugatra, que é a que fixará a data do exame, xa que é a que homologa os títulos. A proba é de tipo test, e o custo do material e os dereitos de exame son 50 euros. Opcionalmente, segundo destacouse desde a dirección do centro, tamén se ofrece a posibilidade de realizar dous módulos opcionais, que supoñen un custo de 10 euros máis cada un, para Navantia e Megasa. O custo das clases, tres tardes de 5 horas, sería de 38 euros, ademais do IVE. Aínda así, segundo explicouse desde o centro de estudos, os alumnos só farán fronte ao 50% do custo total, xa que administracións municipais, o IES e a Confederación de Empresarios subvencionan parte do gasto total, pouco máis de 80 euros. Carlos Breijo, director da Punta Candieira, lembrou que anos atrás os alumnos só debían facer fronte aos gastos de xestión pero agora ninguén ofrece os cursos sen cobrar, motivo polo cal se incrementou o prezo.

Desde o centro lembran que son xa dez anos os que levan impartindo este curso no IES Punta Candieira e que son "cursos reais" -explicou Breijo-, nos que é necesario pasar un exame. Paralelamente, no IES tamén se imparte un curso formativo de Electrotécnica e outro para sacar o título de instalador autorizado, "o que supón un esforzo importante para o persoal docente do instituto", explicou Breijo.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=708