BNG Cedeira - Moción contra o decreto do galego no Ensino
Fecha Miércoles, 20 enero a las 11:03:31
Tema PHP-Nuke


O BNG nos concellos de Cedeira, Narón e Fene presentaron sendas mocións contra o decreto sobre o galego presentado polo goberno da Xunta a finais de decembro.

O primeiro tenente de alcalde no Concello de Cedeira e portavoz do grupo municipal do BNG, Alfredo del Río, presentou onte no rexistro do Concello unha moción para o seu debate na sesión plenaria do vindeiro día 26 de xaneiro sobre o asunto. No texto redactado polos nacionalistas, e que en liñas xerais comparten o resto de formacións frontistas da comarca, fan fincapé no feito de que desde o goberno da Xunta estase escenificando unha situación “esperpéntica”, provocada, segundo din, “por sectores políticos e mediáticos que pretenden trasladar á opinión pública a idea de que o idioma castelán corre perigo en Galicia”. Así mesmo, no corpo da moción tamén se explica que o proceso de normalización de usos do galego foi lento e, ata o de agora, “insuficiente para garantir o dereito a vivir na nosa lingua. Na práctica estamos na negación da igualdade e convivencia entre as dúas linguas”, explican os nacionalistas.

Texto completo da moción : preme aquí (PDF)


No escrito poñense de manifesto outras cuestións como varios informes, un deles elaborado a finais do 2008 polo Consello Europeo que evidencian, entre outras cousas, que en Galicia non se están a dar as garantías para o uso normal do galego en ámbitos tan importantes como a educación, a xustiza, os servizos públicos ou os medios de comunicación.

Tamén salientan que a chegada do PP ao goberno da Xunta “non fixo máis que agravar a situación crítica pola que atravesa a nosa lingua”. Asemade, os nacionalistas cedeireses explican que o elemento principal desta “política de persecución” é a substitución do actual Decreto 124/2007 por un novo, cuxas bases para a súa elaboración presentou o goberno da Xunta o pasado 30 de decembro. Segundo os nacionalistas, o plurilingüismo ao que fan referencia os dirixentes “populares” para defender o texto “é un avance claro cara o monolingüismo en castelán.

Ademais inciden en que vaise pasar do 50% en galego ao 70-30 en favor do castelán. Tamén engaden que se trata dun borrador que “vai traer conflitos á sociedade e aos centros educativos, onde antes había acordo e consenso”.

En contra da Lei

Pola súa banda os nacionalistas naroneses, levarán ao pleno de finais de mes este asunto, co respaldo de TEGA e PSOE, que onte votaron a favor da proposta na comisión informativa sobre Actividade Social. Desde a formación frontista naronesa explican que o “decretazo” do PP, vulnera o espírito da Lei de Normalización (artigos 12 e13), así como a Carta Europea de linguas rexionais ou minoritarias. Na mesma liña se manifestan os nacionalistas feneses. Así, o voceiro do BNG neste concello, Manuel Polo, explica que o “coñecemento de varias linguas non vale de excusa para non coñecer e usar o galego”. O portavoz nacionalista tamén fai un chamamento para que toda a comunidade educativa pare a actividade académica o vindeiro día 21, en protesta por esta medida.

A iniciativa debatirase nos plenos municipais de finais deste mes.

Link: DFONLine - BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=706