Cedeira presentou onte a súa propia compañía de teatro resi
Fecha Martes, 19 enero a las 17:42:08 Tema PHP-Nuke
O concelleiro de Cultura de Cedeira,
Xermán Tobío, e a escritora e dramaturga Fusa Guillén presentaron onte
no auditorio municipal da vila ó grupo de teatro Valverde como compañía
residente do Concello. Deste xeito, a formación creada hai tres anos
por Guillén dá un paso importante na súa traxectoria. “Estamos moi
ilusionados e expectantes con esta nova etapa”, explicaba onte Fusa
Guillén. Neste senso sinalaba que o feito de convertirse en compañía
residente de Cedeira conleva unha serie de vantaxes para o grupo.
“Vamos recibir máis apoio por parte do Concello, teremos máis
posibilidades para conseguir actuacións fóra e máis solidez como
compañía”, engadiu.
© 2009 Diario de Ferrol
O grupo está formada por nove membros
(dous homes e siete mulleres) que traballan para presentar unha montaxe
ó ano. Trala reunión celebrada onte, o elenco do grupo podería crecer
xa que as portas están abertas para todo aquel que así o desexe. Nestes
intres Valverde está a representar “Un día especial”, unha peza coa que
o vindeiro 30 de xaneiro pecharán o Festival de Teatro Afeccionado
Comediatrium, que durante este mes se está a desenvolver na vila.
Ademais, ó día seguinte viaxarán ata Ferrol para participar por
primeira vez no ciclo Domingos a Escena, que reúne semanalmente a
deceas de persoas no Centro Cívico de Caranza. Será a partir do segundo
trimestre do ano cando a compañía comece a traballar nun novo texto
(todavía sen confirmar, aínda que probablemente sexa un escrito
especificamente pola asociación Garola para a formación) e será tamén
daquela cando as persoas interesadas en sumarse ó equipo de Valverde
poidan facelo. Segundo a información facilitada onte na reunión o grupo
ensaiará todos os martes e xoves entre as 18.30 e as 20.00 horas.Obradoiros
e clubes > A creación da compañía residente intégrase nun proxecto
cultural moito máis amplo. Así, o Concello pon en marcha tamén unha
serie de obradoiros vencellados directamente co mundo do teatro pero ó
mesmo tempo con identidade propia e independiente. Hai un taller de
teatro no que se ensinará, por exemplo, a moverse polo escenario, a
proxectar a voz ou diferentes técnicas de interpretación. As clases
serán os martes e xoves de 20.00 a 22.00 horas. Paralelamente
impartirase tamén un taller de escrita no que se pretende chegar a
redactar algún texto que Valverde poida interpretar nun futuro. Aínda
así, as persoas ás que non lles interese o teatro pero si a literatura
tamén poden participar nesta actividade xa que ademais de teatro tamén
haberá tempo para outros xéneros. O obradoiro impartirase os luns entre
as 18.30 e as 20.30 horas. Por último, continuará por terceiro ano
consecutivo o Club de Lectura, un encontro para amantes da literatura.
As xuntanzas realizaranse os luns entre as 20.30 e as 22.00 horas.
Todas as actividades estarán impartidas por Fusa Guilén. Link: DFONLine
|
|