Quen teme a memoria histórica?
Fecha Martes, 19 enero a las 12:19:33 Tema PHP-Nuke
“A historia que contamos aquí vén dos tempos da Guerra Civil, pero
forma parte do presente”, asegura Xosé Abad, director do docmental O
segredo da Frouxeira.
Esta mediametraxe, que se estreará mañá no Teatro Rosalía ás 20.00
horas, amosa como “o franquismo puido converter ás vítimas en verdugos”
a través da historia de Alejandro Porto Leis, poeta, activista político
e o último alcalde republicano de Serantes –vila que hoxe é unha
parroquia de Ferrol–, que foi paseado durante o franquismo xunto a
outros tres homes, XesúsMiño, Avelino Landeira e Modesto del Río.
Tras as mortes, as autoridades iniciaron unha campaña de descrédito
para “matar tamén a memoria despois de matar o corpo”, como di Abad, e
tiveron o éxito de causar enfrontamentos dentro da propia familia Soto
Leis, e tamén cos achegados das outras tres vítimas. Eses malos
entendidos de hai 70 anos, que sinalaban a Alejandro Soto Leis como o
culpable das outras mortes, chegaron ata os nosos días, pero puideron
resolverse grazas a investigación realizada ao abeiro do docmental.
Como di Manuel Landeira, irmán menor de Avelino e unha das
testemuñas d’O segredo da Frouxeira, “non se trata de reabrir as
feridas, porque en realidade as feridas nunca chegaron a pecharse”,
trátase de coñecer a verdade, sen resarcimentos, “sen facer dano a
ninguén”.
OS DO*****ENTOS FAMILIARES
A historia deste do*****ental comeza cando Paulino Gasalla descobre na
casa da súa sogra uns recortes de artigos de prensa sobre Alejandro
Soto Leis. Gardáraos o irmán, Eladio Soto Leis, que tamén era o avó da
muller de Paulino, Julia. “Eu sabía que tiña un tío Alejandro que fora
fusilado na Guerra, pero nada máis, e non podía crer a historia coa que
me atopei, alí, naqueles recortes, estaba unha persoa á que eu non
coñecía”, di Julia Soto no filme.
A nai de Julia opúxose firmemente a que se seguise investigando a
historia do tío Alejandro, por moito que lle insistiron. Eladio Soto
fora falanxista cando novo e tivera enfrontamentos co seu irmán antes
da Guerra, o que o levou a cortar toda relación con el, de aí que para
os seus netos fose un descoñecido. Porén, tras o falecemento da súa
sogra hai catro anos, Paulino Gasalla contactou coa Asociación Fuco
Buxán e a Asociación Memoria Histórica Democrática para tentar
reconstruír a vida deste Alejandro Soto, co apoio da súa muller e do
irmán dela. Foron estes dous colectivos os que puxeron o tema en mans
de Xosé Abad, fotógrafo e director de cine, e a colaboración de todos
fixo posible a gravación d’O segredo da Frouxeira, no que os camiños
das familias dos desaparecidos rematan por xuntarse tras sete décadas.
Este enfoque, que amosa como o dano que fixo a ditadura non está
aínda diluído, é o que diferencia a este do*****ental doutros que tratan
temas semellantes, como Flores Tristes, de Teo Manuel Abad, e
convértese tamén nun dos seus maiores acertos. Aínda que, segundo
explica o director, foi difícil xestionar a “profundidade emocional”
que emana a historia, tan difícil que tivo que pasar por oito montaxes
distintas e un ano e medio de traballo.
O segredo da Frouxeira tivo xa unha prestrea en Ferrol, o pasado 3
de decembro. Conta Xosé Abad como un dos achegados da familia, con
firmes conviccións de dereitas, pero que acudira á proxección por
respecto, achegouse á un dos protagonistas ao rematar e lle dixo: “Se
esta é a reivindicación da memoria histórica que perseguides, contade
coa miña colaboración”.Link: XORONLine
|
|