Proxecto modificado do peirao
Fecha Jueves, 14 enero a las 09:51:50
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia, pertencente á Consellería do Mar da Xunta, recibiu a finais do pasado mes de decembro o proxecto modificado do que será o novo porto deportivo de Cedeira.
Enviouno a unión temporal de empresas adxudicataria da obra, integrada por Comercial Internacional e Bardera Obras Civís e Marítimas.


A entidade autonómica recibe o proxecto modificado logo de solicitalo en varias ocasións, a última a mediados do pasado mes de outubro. Agora Portos «estudará a do*****entación e se se *****pre con todo o que se solicitou iniciarase a tramitación da concesión», explican fontes de Portos de Galicia. Foi a finais do mes de abril do pasado ano cando a nova Xunta daba o visto e prace definitivo ao estudo de impacto ambiental do proxecto xa modificado, que finalmente incluirá 278 puntos de atracada para barcos de entre 6 e 16 metros de eslora, 133 menos do previsto inicialmente.

Link; VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=701