"Agora non vale de nada arrepentirse"
Fecha Lunes, 02 marzo a las 08:19:42
Tema PHP-Nuke


A secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón, avanzou que a reunión da Executiva Nacional do PSdeG deste luns servirá para "valorar" a continuidade do secretario xeral socialista e presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, á fronte do partido.

En calquera caso, transmitiu os seus "parabéns" á cidadanía "por votar tan masivamente" e estendeuna ao PPdeG pola súa "vitoria incontestábel en todos os puntos de Galiza". Por último, preguntada sobre a inconveniencia de non adiantar as eleccións, Barcón entendeu que "agora non vale de nada arrepentirse" e resolveu a cuestión ao esgrimir que "só o presidente o podía facer".

A secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón, vinculou a derrota electoral do seu partido a que "quizais" a "fórmula" do Goberno bipartito da Xunta "non foi ben entendida" aínda que apelou á necesidade de "tomar unhas horas de distancia" para facer unha valoración. Do mesmo modo, preguntada pola posible influencia da crise económica, a número tres dos socialistas galegos insistiu en que "xa haberá tempo" para facer unha análise con máis detalle".

En declaracións aos medios tras reunirse con membros da Agrupación Socialista da Coruña, rexeitou facer valoracións sobre a dimisión do secretario xeral do PSdeG e presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, posto que, ao seu xuízo, isto "non debe formularse na noite electoral". "É unha cuestión que lle corresponde a el", resolveu.

Por outra banda, felicitou á cidadanía pola "súa masiva participación" e deulle o "parabén" ao PPdeG pola súa vitoria; e trasladou o seu desexo de que haxa "entendemento e cooperación" entre o goberno de Feijoo e o de José Luís Rodríguez Zapatero "porque de aí sairán boas noticias para Galiza". Sobre a proposta do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, de alcanzar unha resposta conxunta á crise, Barcón asegurou que o seu partido "estará sempre ao servizo dos cidadáns".

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=70