Oito meses de cárcere
Fecha Martes, 12 enero a las 12:29:46
Tema PHP-Nuke


Un mozo cedeirense que o pasado domingo protagonizou un soado incidente nun bar da localidade foi condenado xa a oito meses de prisión por un delito de atentado. Trátase de G. P. L., nacido en 1988, e os feitos ocorreron pasadas as dúas da tarde. Ante a súa actitude violenta, acudiron axentes da Policía Local e da Garda Civil que tiveron que empregar a forza para reducirlle, aínda que el propinou un golpe no peito a un dos gardas e logo ameazouno cun coitelo.

Dous policías locais e dous gardas civís acudiran ao mesón O Areal, onde sucedeu todo. Trasladado ao cuartelillo, onte compareceu ante o xuíz de Ortigueira, a cuxo partido xudicial pertence Cedeira. En xuízo rápido ante este tribunal, o raparigo aceptou os cargos e mostrouse de acordo coa mencionada condena.

O representante do Ministerio Fiscal solicitara un ano de prisión, aínda que conveu coa defensa nunha pena de oito meses, en aras dunha sentenza de conformidade, aplicándolle a redución dun terzo da pena.

O fiscal deu o visto e prace tamén a que a pena quede suspendida por dous anos ao carecer de antecedentes penais o imputado por non pesar sobre el sentenzas firmes anteriores. No entanto, o inculpado foi advertido tamén de que en caso de reincidir tería que cmprir e ingresar no cárcere.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=698