2,5 millóns na construción dun novo centro de saúde
Fecha Martes, 29 diciembre a las 10:04:20
Tema PHP-Nuke


Cedeira contará no ano 2011 cun novo centro de saúde. A Xunta investirá nas súas instalacións 2,5 millóns de euros para un edificio de nova construción que contará cunha superficie útil duns 2.500 metros cadrados. A noticia era confirmada onte ao alcalde, José Luis Vergara, polo director da área sanitaria de Ferrol, Luis Verde. O rexedor cedeirense mostrou onte a súa satisfacción por unha infraestrutura sobre a que ata o momento baralláronse dúas opcións: a ampliación do centro xa existente ou a edificación dun novo.

Finalmente, a Consellería de Sanidade apostou por esta última opción e instou ao goberno local a que busque os terreos máis adecuados e poña a disposición ese chan. Con todo, para Vergara ese non será problema. «Nestes momentos xa contamos con el», sinalou. Referíase así a unha parcela próxima ao instituto. No entanto, non descarta que neste lapso de tempo «podamos atopar ata chan de mellor calidade» nesa mesma zona. A aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se prevé culminar o próximo ano, podería abrir novas posibilidades de chan público.

Unidade de fisioterapia

O novo centro substituirá ao existente, construído no ano 1987, e que se atopa, asegurou o alcalde, desbordado pola ampla poboación á que atende. Ademais dos veciños do municipio, a el tamén acoden habitantes das parroquias valdoviñesas de Vilarrube e Pantín, así como de zonas limítrofes do municipio de Cerdido por razóns de proximidade. O centro incluirá o Punto de Atención Continuada con que xa conta e a demandada unidade de fisioterapia.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=684