Anuncio
Fecha Lunes, 28 diciembre a las 11:39:10
Tema PHP-Nuke


Acordo do 13 de novembro de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Cedeira. (Expediente IN407A 09/400).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:


Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. Polígono Trabe.

Situación: concello de Cedeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 2,780 km, con orixe en cela de liña que se vai instalar no C.T. Sisalde (expediente 52290), con conductor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final na L.M.T.A. CDR-806, en apoio anterior ao C.T. trabe (expediente 50168 e 3266), realizando entrada e saída nos centros de transformación (C.T.) proxectados.


Reforma do C.T. non prefabricado de Sisalde, consistente en desmontar a aparellaxe existente e colocación de celas 3L+1P+ acoplamento capacitivo, así como un transformador cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.


C.T. prefabricado nº 1, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.


C.T. prefabricado nº 2, 3 e 4, cunha potencia unitaria de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.


C.T. prefabricado nº 5 telecontrolado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Cedeira.


Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.


A Coruña, 13 de novembro de 2009.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña

Link: DOGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=678