ALERTA LARANXA
Fecha Sábado, 26 diciembre a las 16:59:45
Tema PHP-Nuke


A Dirección Xeral de Emerxencias vén de emitir un aviso de alerta laranxa na costa das provincias da Coruña e Pontevedra ao longo do día de mañá domingo, por fortes ventos e mar moi grosa.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informou dun episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao litoral Atlántico e que deixará ventos do Sur de forza 8 e mar moi grosa. Na costa de Lugo a alerta será amarela porque se agardan ventos do oeste, rolando a sur, de ata forza 6, así como mar de fondo do noroeste de ata 3,5 metros.

A AEMET tamén informou de alerta amarela por vento nas zonas costeiras da Coruña e Pontevedra, onde os refachos poden superar os 90 quilómetros por hora, a partires das 21 horas de mañá. Tamén se estableceu a alerta de nivel amarelo na montaña de Lugo e Ourense, a partires das 16 horas de mañá, por acmulacións de neve duns 5 centímetros.

Ante estas predicións, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, advertiu da necesidade de adoptar as medidas preventivas necesarias e no seu caso alerten ou mobilicen aos medios e recursos dispoñibles.




Link: XONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=677