Detidos cinco novos acusados do roubo de vehículos de modelos antigos
Fecha Viernes, 18 diciembre a las 17:49:07
Tema PHP-Nuke


A operación desenvolveuse despois dunha investigación tras un aumento de roubos dese tipo de vehículos en condicións similares, precisaron as fontes.

Os detidos son tres novos de 18 anos, un home con antecedentes policiais e un menor de idade, este último sorprendido cando trataba de roubar un coche despois de romper a fechadura e tentar no sistema eléctrico localizar os cables para conseguir pór en marcha o motor, sen conseguilo.

Segundo os axentes, o menor volveu o día seguinte a tentar acender o motor e conseguiuno finalmente, polo que en é ocasión deu un paseo cun vehículo roubado que logo abandonou.

Dous dos detidos, S.M.S. e S.R.P., ambos de 18 anos, confesaron na súa declaración ante a Policía que os roubos de vehículos formaban parte dunha forma de diversión.

Así, recoñeceron que o pasado 6 de decembro apoderáronse dun coche en Narón que posteriormente abandonaron no centro de Ferrol.

Segundo os axentes, ao día seguinte o mesmo mozo volveu tentar o roubo e esta vez conseguiuno até o punto de que aproveitou para pasearse e abandonar despois o vehículo roubado.

O cuarto detido, identificado como A.V.F., de 18 anos, residente en Cedeira, está acusado de subtraer un coche nesta localidade coruñesa o pasado 11 de decembro e desprazouse até o municipio de Ferrol.

O outro presunto integrante da rede, E.F.D., de 36 anos, foi arrestado minutos despois de roubar un coche na rúa As Pontes de Ferrol.

A Policía atopou a chave do coche roubado no peto deste home que ten antecedentes policiais por quince detencións anteriores e que no momento do arresto tiña un coitelo e unhas luvas de látex.

O mozo menor de idade quedou baixo tutela e dous mozos de 18 anos quedaron en liberdade con cargos, pero o residente en Cederia e o de 36 anos pasaron a disposición xudicial nas últimas horas, precisaron as fontes.

Link: ABCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=674