Cedeira acolle mañá outro encontro de alcaldes
Fecha Jueves, 17 diciembre a las 11:00:09
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira acolle mañá, a partir das 18.00 horas, a que será a terceira reunión de alcaldes dos municipios afectados, directa ou indirectamente, pola Vía de Alta Capacidade Ferrol-San Cibrao. Si o primeiro encontro celebrábase en Cerdido, a finais de novembro, e o segundo o pasado 11 de decembro en San Sadurniño, nesta ocasión é o alcalde da vila cedeirense, José Luís Vergara, quen exercerá de anfitrión.

Vergara confía en que nesta ocasión, a diferenza do último encontro, si estean presentes os alcaldes do Partido Popular nos diferentes municipios afectados, en concreto os de Cerdido, Moeche e Ortigueira. "Tratar dunha reivindicación que debe ser común", explicou o rexedor cedeirense, quen tamén matizou que "non hai que conformarse con mirar ó pasado, debemos implicar á cidadanía para que entre todos poidamos convencer ó goberno de que modifique as súas previsións porque non podemos agardar dez anos por esta infraestrutura", dixo.

José Luís Vergara explicou que ao encontro de mañá están convocados os rexedores de 35 municipios da Mariña, Ferrol, Eume e Ortegal. Así mesmo, Vergara mostrouse partidario de mobilizar á poboación en xeral e a diferentes colectivos como os profesionais do mar, empresarios e Cámara de Comercio entre outros sectores económicos aos que tamén lles afecta esta infraestrutura. O alcalde cedeirense lembrou que non é un problema duns poucos "xa que esta infraestutura afecta a máis de 280.000 persoas", dixo.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=668