AS CLASES QUEDAN SUSPENDIDAS
Fecha Martes, 15 diciembre a las 19:44:34 Tema PHP-Nuke
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu
suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a
xornada de mañá, mércores 16 de decembro. Esta indicación aplícase aos
centros de ensino non universitario, así como aos pertencentes á Rede
Galega de Escolas Infantís (de 0 a 3 anos de idade), tanto ás
dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,
como ás que o son da Secretaría Xeral de Familia.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición
feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos
meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán
a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.A
Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza
incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como
preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.
Link: Xunta de Galicia
|
|