Presionar á Xunta sobre a VAC
Fecha Sábado, 12 diciembre a las 08:04:16
Tema PHP-Nuke


A Casa da Cultura de San Sadurniño acolleu onte un novo encontro de alcaldes e cargos electos das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e a Mariña Luguesa, e xa van tres, sin chegar a nada en claro, salvo continuar nesa línea de colaboración e proseguir coas xuntanzas. Trátase de que o asunto non caia no esquecemento dos políticos da Xunta e á larga se acade unha maior dotación orzamentaria de xeito que se reduzan os prazos dunha infraestrutrura de vital importancia para a comarca e os seus intereses económicos.


© 2009 Diario de Ferrol


Como se agardaba, ó encontro de onte non asistiron os rexedores de Ortigueira, Mañón, Cerdido e Moeche, todos do PP, xa que nesta ocasión desvinculáronse desta nova reunión ao entender que non tiña sentido, xa que só transcorreu unha semana desde a visita do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. O propio alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, que exerceu de anfitrión a semana pasada, solicitoulle por escrito a Secundino García que pospuxese esta reunión, alo menos, ata o mes de febreiro. Neste senso, García explicou que o encontro debía celebrarse porque a pesares da reunión semestral co titular de Infraestruturas, os prazos previstos para o final da vía seguen sendo os mesmos.

Asistentes

Na reunión de onte estiveron presentes os alcaldes de San Sadurniño, Cedeira, Valdoviño, Cariño, A Capela e Riotorto, os vicepresidentes da Deputación da Coruña e a de Lugo e os concelleiros de Cervo, Ares, Xove, Barreiros, Viveiro, Ferrol, Foz, Cerdido, Moeche, O Vicedo, As Pontes e Ortigueira. Todos firmaron unha declaración na que ratifican a necesidade desta infraestrutura como una premisa básica “para garantir o desenvolvemento socioeconómico das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e a Mariña”. No do*****ento tamén fan referencia ás consecuencias lamentables que acarrea a ausencia desta vía para os encraves industriais que se concentran nesta área. Así mesmo, reiteran a necesidade de *****prir cos prazos que no seu momento foron comprometidos e que falaban dun período comprendido entre o 2001 e o 2007, o que conleva que esta infraestrutura sume máis de dez anos de retraso. Os representantes dos referidos concellos tamén solicitan un cambio de actitude ás administracións competentes ás que lles piden que “en troques de actuar cunha posición vitimista ou, o que é peor, botándolle a culpa sempre os demáis concrete se esta infraestrutura é necesaria ou non”.

Asistentes > Outro dos acordos consensuado onte pasa por manter estas reunións ás que se confía volten os representantes do PP ausentes na de onte. Así está previsto que a vila cedeiresa acolla unha nova xuntanza a próxima semana á que o alcalde, José Luis Vergara, invitará aos rexedores “populares”, ós que tamén lles afecta a vía. Outro dos desexos do colectivo, tal e como manifestou onte Secundino García é que se articule un proceso de presión e mobilización cidadá “para defender as nosas infraestruturas, o noso emprego e, en definitiva, o noso futuro”, dixo. Así, confía en que se recupere o “espirito de anos atrás cando Cuíña dirixía a Cptop e, cedendo a presión cidadá, consensuaronse cos concellos cuestións como a necesidade desta VAC que hoxe nos preocupa”.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=657