Os alcaldes afectados pola vía piden outra cita
Fecha Sábado, 12 diciembre a las 07:59:38
Tema PHP-Nuke


Os rexedores dos municipios que vertebrará o corredor norte estaban convocados a unha segunda reunión que tivo lugar onte en San Sadurniño. Acudiron os de Cariño , Cedeira, Valdoviño, A Capela, Riotorto (Lugo) e o do concello anfitrión. Tamén estiveron presentes concelleiros do PSOE, BNG e Terra Galega do resto de concellos, aínda que neste caso non acudiu ningún do PP. Acordaron reclamar á Xunta outra reunión con Agustín Hernández, conselleiro de Infraestruturas. A que mantiveron en Ortigueira a semana pasada «foi un acto propagandístico», explicou Secundino García, alcalde de San Sadurniño. Manteñen que terminar a vía no 2013 é asumible -e non no 2017 como propón a Xunta -e non descartan presionar con mobilizacións.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=656