Anxo Quintana: o BNG está “máis pacificado ca nunca"
Fecha Viernes, 11 diciembre a las 16:49:42
Tema PHP-Nuke


Sete meses despois da turbulenta asemblea na que o BNG elixiu unha nova dirección, Anxo Quintana asegura que ve a formación “máis pacificada que nunca”. O que fora líder dos nacionalistas gabou ao seu sucesor, Guillerme Vázques, subliñando que está a demostrar que “é unha persoa traballadora”.

Porén, Quintana tamén lembrou a derrota electoral nas autonómicas. Logo de recoñecer que o BNG agardaba máis de 12 deputados, asegurou que achegara “algo” á cultura da responsabilidade dentro da organización, ao afastarse da primeira liña política. Advirte que a responsabilidade de cara ao futuro inmediato está noutras mans: “Agora hai outro equipo e outra dirección, e deles serán os éxitos e os fracasos”.

Mentres, o BNG comeza a mover a súa maquinaria de cara ás eleccións municipais de 2011. Dentro da organización consideran que esta vai ser unha cita crucial para o futuro da organización. As dúas grandes tendencias do BNG (UPG e Máis BNG) difiren da maneira que se deben afrontar os tempos políticos.

A corrente que lidera Carlos Aymerich considera que o Bloque precisa dar a coñecer un candidato á presidencia da Xunta canto antes, para “visibilizar” así un liderado claro. Para a UPG a prioridade é o traballo interno de cara á batalla nos concellos e deixar a elección do candidato para despois de maio de 2011.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=655