A Xunta aproba as medidas de xestión que imperarán na reserva mari
Fecha Miércoles, 09 diciembre a las 09:22:42
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, vén de aprobar as medidas de xestión para o ámbito da reserva mariña cedeiresa. O docmento, que conta co preceptivo informe favorable do órgano de xestión, seguimento e control da área, busca preservar e rexenerar os recursos pesqueiros, tal e como lembran desde a Xunta de Galicia.


O Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se creou a reserva definiu os elementos esenciais que determinan o funcionamento da mesma como unha ferramenta de xestión dos recursos. O texto, aprobouno a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, e marca as normas de uso e xestión do espazo. Talas prácticas quedarán reguladas no Plan de Xestión Integral que, tal e como establece o artigo 7° do referido decreto, deberá ser aprobado pola Consellería do Mar no prazo máximo de 18 meses contados a partir da entrada en vigor do docmento legal.

No texto tamén se establece que poderán faenar no ámbito da reserva as embarcacións profesionais (cun arqueo inferior aos 1,5 GT, salvo excepcións) coas artes e aparellos tradicionalmente empregados na zona, excepto o enmalle, que non está autorizado dentro da área protexida denominada ZEP II (Zona de Especial Protección).

O equipo de seguimento científico advertiu que a actividade pesqueira con artes de enmalle dentro deste espazo “pode ter efectos negativos polo seu alto valor ecolóxico, a súa importancia como corredor migratorio de especies de interese pesqueiro e pola súa riqueza en canto a existencia de hábitas e comunidades biolóxicas importantes.

Tamaño das capturas

Como é lóxico, dentro da reserva mariña o tamaño das especies será maior que noutras zonas debido á propia natureza deste espazo protexido. Así, segundo as medidas de xestión aprobadas pola Xunta, a talla mínima da nécora será de 6 centímetros, sendo a cota máxima da captura de 8 quilos por tripulante a bordo e día e outros tantos quilos por embarcacións ao día. Non está autorizada á captura de nécora na zona coñecida como “A Zanqueira”, por ser un lugar importante para a cría.

En canto ao polbo, que se pode pescar en toda a reserva salvo nas zonas ZEP e no espazo portuario, o peso mínimo no ámbito da reserva é de 1,5 quilos. O camarón, pódese coller no mesmo ámbito que o polbo, sendo a talla mínima de 3 centrímetros.

A xiba ou choco, que se obtén coa arte do trasmallo, deberá ter un tamaño superior a 8 cm, permitíndose ata 20 pezas por barco e outras 10 por tripulante e día. No caso dos peixes planos (rodaballo, linguado e acedía), a arte autorizada é a mesma que para a xiba, coas mesmas dimensións. Por outra banda, o tamaño mínimo para a centola é de 14 centímetros.

A resolución establece que o tamaño mínimo do congro sexa de 100 cm. (42 máis que os establecido no resto da comunidade galega) e da maragota de 22.Tamén se limita o horario para a pesca marítima de lecer en superficie, estando prohibido dúas horas antes e despois da baixamar.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=645