VAC Costa Norte
Fecha Viernes, 04 diciembre a las 09:08:12
Tema PHP-Nuke


O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infaestruturas, Agustín Hernández, visitará esta mañá as obras da Variante de Ortigueira e entrevistarase cos alcaldes dos municipios da comarca e Lugo polos que discorrerá a Vía de Alta Capacidade. Deste xeito, o máximo responsable da área de infraestruturas da Xunta accede ás pretensións manifestadas a semana pasada polos rexedores dos concellos afectados nunha reunión que se celebrou en Cerdido o día 26 de novembro, na que solicitaron unha entrevista urxente con el nalgún dos municipios afectados, tras coñecer que as pretensións da Xunta con respecto a esta infraestrutura pasan por atrasar a súa apertura até o 2017.

Deste xeito, o titular de Medio Ambiente desprazarase durante a mañá de hoxe a Ortigueira, onde visitará as obras da Variante, xa en proceso e que estarán finalizadas en 2011. Posteriormente trasladarase ao consistorio ortegano onde se producirá o encontro cos rexedores. Na reunión tamén estarán presentes os delegados rexionais da Coruña e Lugo, Diego Calvo e Raquel Arias, respectivamente.

Os alcaldes que foron convocados a este encuenro son o de Ortigueira, Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Destacan as ausencias do rexedor de Cervo e dos de Cedeira e Ferrol, José Luís Vergara e Vicente Irisarri. No caso concreto do alcalde cedeirense a súa ausencia é máis rechamante xa que a vía pasará por Campo do Hospital, que pertence a Cedeira e a Cerdido. No entanto, aínda que esta infraestrutura non discorra por algúns municipios da comarca dependen igualmente dela practicamente todos os de Ferrol, Eume e Ortegal.

Preguntados por este asunto, desde a Xunta de Galicia aseguraron a este xornal ( Diario de Ferrol ) que se convocou a todos os alcaldes daqueles municipios polos que discorrerá a Vía de Alta Capacidade, desde o concello de Neda até a provincia de Lugo.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=641