A "platform" called «Galicia Bilingüe»
Fecha Jueves, 03 diciembre a las 09:31:42
Tema PHP-Nuke


Por Xermán Tobío.

Unha "plataforma" chamada Galicia Bilingüe. Una "plataforma" llamada Galicia Bilingüe. Une "plate-forme" appelée «Galicia Bilingue»..

Debido á mala xestión que dende fai décadas está a sufrir a nosa Galicia, eu, como moitos miles de galegas e galegos tiven que emigrar a finais dos anos 80, é deste xeito buscarme o pan en terras irlandesas, danesas ou suizas.

Cando sain de Galicia levaba no peto o pouco que meus pais me puideron dar: o billete de tren e 15.000 pesetas. Pero, ao pouco tempo, decateime de que levaba outra riqueza, outra riqueza que me axudou na comprensión e aprendizaxe doutras línguas: o GALEGO.

Levaba e levamos dentro a nosa riqueza cultural e, sempre, temos que presumir dela.


Agora, logo de moito camiño andado, aparece de súpeto ou, mellor dito, da nada, unha "plataforma" chamada Galicia Bilingüe. Como non teño moi claro cal é o verdadeiro significado da palabra "plataforma" vou á RAE (http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=plataforma) e atopo unhas cantas definicións.  Según as vou lendo parece que a 7ª sería a mais axeitada "7. f. Conjunto de personas, normalmente representativas, que dirigen un movimiento reivindicativo." Pero continuo lendo e chego á 11ª "11. f. desus. Apariencia, pretexto."  é concluo que atopei a boa. Digo todo isto porque en Galicia, na Galicia que todos coñecemos, nunca xamais houbo o problema idiomático que ésta "plataforma= apariencia, pretexto" nos quere IMPOÑER. É mais, houbo un acordo de todos os grupos políticos e de toda a sociedade para rexir o destino do galego. Amigas e amigos non deixemos que este fato de persoas, que digo fato, fatiño, nos enerven e manipulen facendonos crer que en Galicia existe un problema que nos mesmos non coñeciamos.
Esta "plataforma= apariencia ou pretexto" presenta onte a súa «solución»: que as nais e pais decidamos a lingua do ensino por asignaturas. Esta proposta é de tal arrogancia e estupidez que nos estraña que non queiran tamén que as nais e pais decidamos, do mesmo xeito, sobre cal debe ser o contido da asignatura de matemáticas, por exemplo. Lonxe, moi lonxe, do integrismo nacionalista non queremos facer da lingua unha loita, nin unha imposición, pero pensadeo ben, quen corre perigo: o galego ou o castelán?.
Link: O Xornal Oficial de Terra Galega






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=640