400 veciños poderían quedar sen o sinal de TDT
Fecha Jueves, 03 diciembre a las 07:31:20
Tema PHP-Nuke


Ás portas do apagamento analóxico, que en Cedeira terá lugar o próximo 18 de xaneiro, no municipio poderían quedar ata 417 veciños sen recibir o sinal de TDT (Televisión Dixital Terrestre).

Unha situación que preocupa ao alcalde da localidade, José Luis Vergara, quen explica que, polo momento, está cuberto o 95,5% da poboación. Os afectados, todos do rural e moitos da parroquia de Cervo, aínda agora teñen problemas para adiviñar o programa televisivo entre liñas e puntos brancos.



A pesar de que a Xunta «comprometeuse a facer chegar o sinal a estas vivendas», explica o alcalde, «vía satélite», o certo é que polo momento o Concello de Cedeira entraría na nova etapa utilizando apenas dúas dos seis reemisores que podería aproveitar, tendo como primeira fonte o repetidor de Pantín.

Esta exclusión é precisamente onde se atopa o problema», relata José Luis Vergara. É por iso polo que actualmente o Concello de Cedeira negocia coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria a posibilidade de pór en marcha os outros catro reemisores. Deste xeito, explica, diminuiría o número de veciños que quedarían se recibir o sinal de TDT. Calcula que se en lugar de dous activásense tres, «os afectados poderían reducirse ata case a metade». Unha vez máis «serán os maiores do municipio, quen maioritariamente habitan o rural, os grandes afectados. Non podemos permitir que sigan marxinados», explica o rexedor.

Con parabólica

A opción que expón a Xunta ao Concello cedeirense suporía que os afectados terían que instalar unha parabólica nas súas comunidades, unha actuación que podería custar uns cen euros por vivenda. Antes de que se produza o apagamento analóxico na localidade, o Concello prevé preparar aos veciños que o necesiten para recibir o novo sinal dixital con actuacións como ensinar o funcionamento do mando a distancia. Ademais, o próximo 11 de decembro terá lugar na praza de Galicia de Cedeira a primeira das reunións informativas sobre o funcionamento da TDT.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=639