Escudo - Concello de Cedeira
Fecha Martes, 01 diciembre a las 09:59:01 Tema PHP-Nuke
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o decreto polo que se aproba a bandeira e o escudo do Concello de Cedeira. Desde
o goberno municipal considerouse conveniente organizar correctamente o
seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e
conforme as normas da heráldica.
Por este motivo de acordo coas
facultades que lle permiten as disposicións legais vixentes, acordouse
elaborar un informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de
representación gráfica da enseña.
Segundo consta na información publicada
no DOG do 26 de novembro, a competencia exclusiva en materia de
adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos
concellos ou outras entidades locais correspóndelle á Comunidade
Autonóma Galega, segundo os preceptos do Estatuto de Autonomía.Así
as cousas, desde o Concello cedeirés déronse todos os pasos necesarios
para que a Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia modificase a
bandeira e o escudo da vila mariñeira.
Así, o emblema do concello
está composto por una banda verde sobre pano amarelo e un escudo con
tres rochas ou aguillóns negros con dúas ortigas verdes de sete follas
cada unha e un alto, no terzo do batente, unha cruz patada de vermello.
Link: DFONLine
|
|