Mancomunidade de municipios
Fecha Lunes, 30 noviembre a las 09:46:29
Tema PHP-Nuke


Os alcaldes da Mancomunidade de municipios analiza hoxe no Concello de Ferrol as medidas necesarias que terán que asumir en relación ás obras da vía de alta capacidade Ferrol-San Cibrao despois de que a Xunta anunciase que estarán terminadas no 2017. Esta nova data no calendario supón un atraso de dous anos respecto da última fixada, segundo indican fontes do Concello. Será a partir das seis da tarde e durante o encontro trataranse outros temas, como a integración de Cedeira na Mancomunidade. Ademais, a agrupación estudará «dar un primeiro paso non camiño para dispor dunha piscina de 50 metros de uso comarcal», explican fontes municipais, polo que se analizará a posibilidade de solicitar á Xunta que colabore no estudo de viabilidade da infraestrutura deportiva.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=631