Portos de Galicia
Fecha Viernes, 27 noviembre a las 10:04:48
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia asegura que o único proxecto redactado polo ente público para a mellora dos xardíns de entrada ó peirao cedeirés, que quedaron danados polo Klaus, so contempla a mellora dos xardíns que foran afectados polo referido furacán. Así mesmo, engaden que no docmento non consta outro proxecto redactado ou en fase de redación referido ao alumeado ou ao sistema de rego.

Como se lembrará, o alcalde da vila, José Luis Vergara, indicaba días atrás que o compromiso adquirido co ex titular do ente, Jacinto Parga, incluía outras intervencións no lugar, como dotación de alumeado e implantación dun sistema de rego. Isto último, segundo explicou Vergara, é fundamental para o correcto mantemento dos traballos de axardinamento que se acometerán con cargo a unha partida de 20.000 euros. Por outra parte, a partida garantizada no seu día ao rexedor cedeirés rondaba los 60.000 euros, aínda que desde Portos confirman que non consta esa previsión no ente dependente da Consellería do Mar.

Desde Portos lembran que se está a traballar en diversas actuacións dirixidas á mellora da seguridade dos usuarios e ás súas embarcacións, e tamén se toman accións dirixidas a mellorar a seguridade dos barcos do peirao, como o estudo da oleaxe na dársena, feito público hai unhas semanas.Tamén sinalan que se están a acometer outras intervencións dirixidas á mellora das instalacións propiamente ditas, como pavimentación e mellora da superficie dos viais e da explanada portuaria, construcción dunha oficina no peirao e renovación das instalacións eléctricas.Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=630