Xestión de residuos voluminosos
Fecha Miércoles, 25 noviembre a las 11:04:43 Tema PHP-Nuke
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,
Agustín Hernández, e o presidente da Federación Galega de Municipios e
Provincias, Carlos Fernández, asinaron esta mañá un protocolo de
colaboración polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas destina 215.000 euros con cargo aos orzamentos do ano
2009 para favorecer a xestión de residuos voluminosos en 127 concellos
galegos.
Se ben a vixencia deste acordo remata o vindeiro 31 de
decembro de 2009, a Consellería reservou xa, nos orzamentos xerais
desta Comunidade Autónoma para o ano 2010, unha partida de 644.000
euros destinados a darlle continuidade á colaboración coas entidades
locais en materia de xestión de residuos voluminosos.
Hernández manifestou que a distribución dos fondos, que se vai levar
a cabo mediante a sinatura dos convenios de colaboración cos concellos
e entidades locais beneficiarias, realizouse tendo en conta os
criterios propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias.Así,
establécese un importe fixo de 200 euros ao que se suma a cantidade que
resulta de repartir, de xeito proporcional, o importe dos fondos
restantes, ata completar o crédito orzamentario establecido para esta
finalidade, entre todos os concellos afectados por esta situación, de
acordo cos seguintes criterios e distribución porcentual: Poboación: 40% Superficie: 30% Entidades singulares de poboación: 30%Os cálculos baséanse nas últimas cifras feitas públicas polo Instituto Galego de Estatística para cada categoría.O
conselleiro recordou que a resolución do 30 de abril de 2008
outorgoulle a autorización ambiental integrada ao Complexo
Medioambiental de Cerceda, do que é titular Sogama, circunstancia a
partir da cal se pon de manifesto a imposibilidade de continuar
recibindo nas súas instalacións os residuos voluminosos entregados
polos concellos galegos acollidos a esta opción. Tamén recordou que, na
actualidade, a Comunidade Autónoma dispón de mellores alternativas de
xestión, segundo o esquema de prioridades imposto polo marco normativo
aplicable nesta materia, que permiten a súa valorización.Ata ese
momento, un bo número de concellos galegos facíalle entrega a esta
sociedade dos residuos voluminosos xerados nos seus municipios
(preferentemente colchóns pero tamén mobles e outros enseres
domésticos), a través da planta de transferencia que tivesen asignada
para a súa posterior xestión nas instalacións de Sogama, en Cerceda. As
novas circunstancias obrigan aos concellos afectados a dispor de
medios, tanto loxísticos como económicos, para o transporte e entrega
destes residuos a xestores autorizados, co incremento de custes que
isto implica. Por esta mesma razón, manifestou o responsable de Medio
Ambiente, a Xunta rubrica esta colaboración coa Fegamp, coa finalidade
de contribuír a financiar os custes que esta situación trae consigo e
de velar pola axeitada prestación dos servizos municipais na materia
referida.Pola súa banda, o presidente da Fegamp, Carlos
Fernández, destacou que as axudas son especialmente importantes no
contexto económico actual, e permitirán aos concellos “sufrir un pouco
menos as consecuencias da crise”. Manifestou tamén o seu acordo coa
fórmula utilizada para a distribución das axudas, xa que se establece
tendo en conta criterios xustos e obxectivos.Segundo certificou
a Sociedade Galega do Medio Ambiente, un total de 97 concellos atópanse
nesta situación, se ben a esta cifra habería que engadir outros
concellos afectados dos que os seus residuos son xestionados pola
Deputación Provincial de Ourense (16), pola Mancomunidade
Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro (7) e pola Mancomunidade de
Municipios da Comarca de Verín (7).En consecuencia, serán
finalmente 127 concellos os que se verán beneficiados por estes fondos
autonómicos. O protocolo de colaboración coa Federación Galega de
Municipios e Provincias asínase na súa condición de entidade asociativa
máis representativa e maioritaria das Entidades Locais de Galicia.
Tamén formalizaranse 97 convenios de colaboración con outros tantos
concellos galegos; e 3 convenios de colaboración coas seguintes
entidades locais ao ter estas asumido a xestión dos residuos urbanos de
30 dos concellos afectados: a Deputación Provincial de Ourense, a
Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, e a Mancomunidade
de Municipios da Comarca de Verín.Link: XONLine
|
|