NOMEAMENTO DE CONCELLEIRA DELEGADA
Fecha Viernes, 20 noviembre a las 09:15:28
Tema PHP-Nuke


Resolución da Alcaldía número 803 de data 11.11.2009: nomeamento de concelleira delegada

Asunto: NOMEAMENTO DE CONCELLEIRA DELEGADA

Data decreto: 11/11/2009

Núm. Decreto: 803

Como consecuencia da toma de posesión como concelleira de Dna. María del Carmen Rey Vergara cómpre modificar as delegación conferidas mediante resolución 336 de 2007 de nomeamento de concelleiros delegados.

Polo exposto, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 43 e seguintes do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e coa finalidade de conseguir unha maior eficacia na xestión,

RESOLVO

Primeiro.–Efectuar a favor da concelleira Dna. María del Carmen Vergara Rey unha delegación especial, ó abeiro do que dispón o artigo 43.4 y 43.5 do ROF, para dirixir os servizos de Facenda e Persoal, baixo a supervisión da Alcaldía.

En ningún caso poderá dictar actos administrativos.

Segundo.–Mantener as delegacíons conferidas na resolución 336 de 2007 respecto daqueles concelleiros que continúan en exercicio da súa función.

Terceiro.–A delegación acordada nos apartado primeiro suxeitarase ó seguinte réxime xurídico:

a) Os actos dictados polo órgano delegado no exercicio das atribucións delegadas enténdense dictados polo órgano delegante, correspondendo a este, en consecuencia a resolución dos recursos de reposición que podan interporse.

b) O exercicio das facultades por delegación deberá facerse constar nas resolucións que se dicten, en conformidade co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

c) O órgano delegante, sin prexuízo das facultades que corresponden á concellería delegada da área á que corresponda, conservará as facultades de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos e disposicións emanados en virtude da delegación e a de ser informado previamente á adopción de decisións de transcendencia, de acordo co disposto no artigo 115 do ROF.

d) A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.

e) A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

f) A facultade de dictar actos administrativos que afecten a terceiros, no seu caso, entenderase excluída de aquelas atribucións non delegadas expresamente por esta Alcaldía ou delegadas na Xunta de Goberno Local.

Cuarto.–Mantense expresamente dentro das atribucións da Alcaldía-Presidencia a formalización dos contratos que o Concello firme con particulares, calquera que fose a materia sobre a que versen, tendo a condición de órgano de contratación cando non se houbese delegado expresamente na Xunta de Goberno Local ou nun concelleiro-delegado.

Quedan expresamente incluídos dentro da Área de Presidencia os servizos de Secretaría Xeral, Urbanismo, Medio Ambiente e Policía Local, as áreas de Educación e Sanidade, a relación coa empresa adxudicataria da concesión dos servizos de recollida de residuos sólidos urbáns e limpeza viaria e coa empresa adxudicataria da concesión dos servizos de abastecemento de auga potable e saneamento, e calquera outro servizo ou atribución non expresamente delegada.

Quinto.–Da presente resolución darase coñecemento ao Pleno da Corporación na primeira sesión que este celebre, notificándose ademais persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da presente Resolución, conforme se indica no artigo 44.2 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Así o ordena e dispón o Sr. alcalde, do que eu, secretario, dou fe.

Cedeira, 11/11/2009.

O alcalde

Asdo. José Luis Vergara Rey

O secretario

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=618