Atropelado
Fecha Jueves, 19 noviembre a las 08:54:25
Tema PHP-Nuke


Un peón de 83 anos de idade faleceu hoxe no hospital ao que fora trasladado a consecuencia das feridas sufridas tras ser atropelado por un vehículo nun paso de peóns do municipio coruñés de Cedeira.

   Segundo informaron a Europa Press fontes hospitalarias, o falecido, que responde as iniciais H.B.C.L., foi trasladado por unha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Arquitecto Marcide, onde ingresou en estado grave, polo que faleceu a media tarde. O octoxenario falecido, segundo as fontes consultadas, presentaba un traumatismo cranioencefálico severo.

   A vítima foi arroiada por un vehículo Renault Clio á altura dunha pizería situada na Avenida de Castelao, en Cedeira. O sinistro produciuse sobre as 11.00 horas e minutos despois un particular deu a voz de alerta ao servizo de emerxencias.

Link: EPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=614