Aprobación inicial do acordo de delegación de competencias
Fecha Jueves, 19 noviembre a las 08:45:18
Tema PHP-Nuke


Aprobación inicial do acordo de delegación de competencias na Deputación Provincial de tramitación de expedientes sancionadores de tráfico

ANUNCIO

O Pleno da corporación, na súa sesión de data 10.11.2009, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: Delegar na Deputación Provincial de A Coruña as competencias necesarias para a instrucción dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo Concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, con adhesión particular e expresa do Concello ás bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobadas pola Deputación Provincial na sesión plenaria do 26 de xuño de 2009.

Segundo: Comunicar este acordo á Deputación e abrir un período de exposición pública de 30 días hábiles dende a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia, para xeral coñecemento e presentación de alegacións.

Terceiro: De non presentarse alegacións durante dito periodo emitirase certificación polo Secretario Xeral comprensiva de que este acordo quedou automáticamente elevado a definitivo e comunicarase á Deputación Provincial.

Cedeira, 11 de novembro de 2009

O alcalde,

Asdo.: José Luis Vergara Rey

Link: BPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=613