Pena de dez meses e medio de prisión
Fecha Martes, 17 noviembre a las 10:03:01
Tema PHP-Nuke


O acusado Alejandro B.S. deu a súa aceptación onte a unha sentenza de conformidade pola que se lle impón a pena de dez meses e quince días de prisión como autor dun delito de roubo con forza nunha casa habitada. Inicialmente, o fiscal solicitaba unha pena maior, pero tivéronse en conta as circunstancias atenuantes de reparación do dano e de drogodependencia.

Os feitos aos que se refire esta causa ocorreron o 8 de marzo de 2008, cando o acusado, tras violentar unha xanela do patio de luces, accedeu a unha vivenda situada na avenida de Castelao de Cedeira.

Unha vez dentro, apoderouse dunha medalla grande de ouro, outra mediana, uns pendentes de ouro e brillantes, unha pulseira, unha cadea grosa, un calabrote e dous aneis. O total das xoias roubadas ascendía a 2.663 euros, pero tamén se apropiou dunha cámara de fotos Olympus e un aparello reprodutor de MP da marca Sing.

O acusado ocasionou danos na xanela, na que inutilizó o seguro de peche. Os danos foron taxados en 168,22 euros.

Este mesmo imputado tiña fixado para onte outro xuízo que tivo que suspenderse por mor da incomparecencia da suposta vítima. Esta causa refírese a uns feitos ocorridos na madrugada do 17 de marzo de 2006 nas inmediacións do pub Quercus, sito na avenida de España de Cedeira.

Segundo o Ministerio Fiscal, nun momento dado, o acusado, Alejandro B.S., dirixiuse ás cabinas telefónicas nas que se atopaban outro mozo e a súa ex muller, iniciando con ambos unha discusión na que o imputado, golpeou cunha pedra na cabeza ao outro individuo. Supostamente, causoulle unha ferida contusa na rexión interparietal, para cuxa curación precisou a aplicación de tres puntos de sutura. O fiscal impútalle un delito de lesións con instrumento perigoso e pide que se lle impoña a pena de tres anos de prisión e o pago de 1.000 euros.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=610