| Acreditación do dereito ao voto |
Fecha Sábado, 28 febrero a las 08:37:43 Tema PHP-Nuke
Acreditación do dereito ao voto
O dereito de sufraxio pertence aos/ás maiores de idade que ostenten
a condición de galegos e non estean comprendidos en ningún dos supostos
previstos na Lei orgánica do réxime electoral xeral sobre a privación
do dereito de sufraxio. Para o seu exercicio é indispensable a súa
inscrición no censo electoral vixente.
Para acreditar o dereito ao voto é necesario presentar ante os/as
vogais e os/as interventores/as algún dos seguintes do*****entos:
- Do*****ento nacional de identidade (DNI). Non serve o resgardo do DNI
en trámite, posto que nel non aparece a fotografía do/a elector/a.
- Pasaporte con fotografía.
- Permiso (carné) de conducir con fotografía.
Non importa que estes do*****entos estean caducados pero teñen que ser os orixinais, non son válidas as fotocopias.
Se a pesar de mostrar estes do*****entos, aparecen dúbidas sobre a
identidade do/a elector/a, a mesa, tendo en conta os do*****entos
achegados e o testemuño que poidan presentar os/as electores/as
presentes, decidirá por maioría dos seus membros.
A continuación, os/as vogais e interventores/as comprobarán que o/a elector/a figura inscrito/a na lista do censo electoral. Se o/a elector/a non figura na lista do censo, só poderá votar na mesa se presenta algún destes do*****entos:
- SENTENZA XUDICIAL que recoñeza o dereito do/a votante a estar inscrito/a no censo da mesa.
- CERTIFICACIÓN CENSUAL ESPECÍFICA DE ALTA, expedida pola delegación
provincial da oficina do censo electoral que o habilite para facer
efectivo o seu dereito ao voto. Unha certificación censual é un medio
polo que a cidadanía pode acreditar a súa inscrición no censo electoral
vixente, nos exemplares certificados das listas do censo postos a
disposición das mesas electorais. As certificacións censuais poden ser
de dous tipos:
-
De alta no censo: refírese á cidadanía inscrita no censo electoral pero que non figura na lista certificada enviada á mesa.
- De corrección de erros materiais: ten por finalidade corrixir algún
dos datos (nome, enderezo, etc.) dos/as votantes que están incluídos/as
na lista certificada do censo enviada á mesa.
As certificacións censuais específicas pódeas solicitar persoalmente
o/a elector/a na delegación provincial da oficina do censo electoral
ata o mesmo día da votación e antes da hora de peche dos colexios
electorais. Poden ser solicitadas por fax, a través do concello, e
remitidas aos/ás interesados/as por este mesmo medio. Será válido para
a votación tanto o orixinal da certificación censual específica como a
recibida por fax a través do concello respectivo.
Os/As electores/as coñecerán o colexio electoral e a mesa na que
lles corresponde votar, a través de dous medios: a páxina web da
oficina do censo electoral e mediante as tarxetas censuais que esta
remite aos/ás electores/as.
Link: XONLine
|
|