AFAES Porta Nova
Fecha Martes, 17 noviembre a las 09:10:35
Tema PHP-Nuke


O pasado 23 de outubro o Boletín Oficial da Provincia publicaba o anunciou sobre a concesón administrativa para uso privativo da cuarta planta do centro sociocultural Cedeirense. Segundo especifícase no docmento público, a entidade adxudicataria deste espazo sería a Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Psíquicos, Afaes Porta Nova.

Precisamente, o día 13 de novembro finalizou o prazo para presentar alegacións á cesión deste espazo público a favor da entidade con sede en Narón.

Así mesmo, desde Afaes asegúrase que seguen abertas liñas de colaboración co Concello cedeirense, pero que o espazo en cuestión non se utilizará con fins de rehabilitación.


Pola súa banda, desde o consistorio lamentan que finalmente a asociación decida buscar outras alternativas unha vez que se puxo á súa disposición a cuarta planta do centro sociocultural da vila. Así, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, respectaba a decisión de Afaes aínda que aseguraba que o espazo que se cedeu resultaría altamente beneficioso para as persoas con trastornos psíquicos. "Aquí temos unha contorna marabillosa, coa praia, a piscina e o polideportivo moi próximos entre si", dixo.

Por outra banda, o rexedor cedeirense puña de manifesto que colectivos como a Asociación prol Acodes con Discapacidade Intelectural (Apader) "están encantados coas oportunidades que lles brinda este municipio".

Si a cesión non se produce finalmente, o Concello poderá facer uso da cuarta planta para outras actividades, como até a data.

Traslado

Por outra banda, Afaes estuda implantar este servizo noutro municipio da zona, tal e como se informou desde a entidade. Este xornal puido saber que se trataría de Cerdido, tal e como confirmaron desde o goberno municipal. Desde o Concello xa se puxo a disposición da entidade un espazo na Barqueira. Trátase dunha das vellas escolas da zona que hoxe están desocupadas.

A diferenza de Cedeira, este municipio está algo máis próximo á sede central de Afaes, que se atopa na parroquia de Piñeiros, en Narón.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=609