Aprobación provisional aprobación e modificación de ordenan
Fecha Martes, 17 noviembre a las 08:51:29
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Adoptándose polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 10 de novembro de 2009, o acordo de aprobación provisional, que se elevará a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública, dos expedientes de aprobación ou modificación de Ordenanzas Fiscais que a continuación se expresan, de conformidade co disposto no artigo 17º do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e no artigo 49º da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, sométense os devanditos expedientes a información pública e audiencia aos interesados durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalos nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Os acordos de aprobación adoptados son os seguintes:

· Modificación da Ordenanza Fiscal 1.3, reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

· Aprobación da Ordenanza Fiscal 2.1, reguladora da Taxa por Expedición de Do*****entos Administrativos.

· Modificación da Ordenanza Fiscal 2.3, reguladora da Taxa por Licenzas Urbanísticas.

· Modificación da Ordenanza Fiscal 2.4, reguladora da Taxa por Licenza de Apertura de Establecementos.

· Aprobación da Ordenanza Fiscal 2.6, reguladora da Taxa por Participación en Probas Selectivas de Acceso a este Concello.

· Modificación da Ordenanza Fiscal 2.7, reguladora da Taxa polo Servizo de Matrimonios Civís.

Cedeira, 12 de novembro de 2009

O Alcalde,

Jose Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine - Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=608