Patrimonio municipal de 22 millóns de euros
Fecha Viernes, 13 noviembre a las 15:47:48
Tema PHP-Nuke


O valor dunha cadeira, un cadro, un edificio emblemático ou unha fonte xa non é un segredo para o goberno municipal de Cedeira que desde hai pouco coñece ao detalle todo o seu patrimonio municipal e o valor do mesmo.

Isto foi posible grazas un traballo moi laborioso que foi executado por técnicos da Deputación da Coruña que se trasladaron á vila mariñeira durante tres meses para contabilizar todos os bens municipais, partindo da casa consistorial e todo o que hai dentro do edificio até diferentes localizacións exteriores e bens inmobles, entre outros. Todo, absolutamente todo está rexistrado e dixitalizado, segundo explicou o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, quen destacou o arduo traballo levado a cabo polos técnicos que en todo momento contaron co respaldo dos membros do goberno municipal e os funcionarios. En definitiva, tras a suma de todos os bens obxecto de inclusión no inventario, apúntase que o Concello cedeirense dispón dun patrimonio municipal de 22 millóns de euros.



O alcalde destacou que entre eses bens de titularidade pública atópanse, por exemplo, unha parte -1.500 hectáreas- da serra da Capelada ou as escolas municipais -aínda que os edificios cedéronse xa á Xunta para a ampliación do servizo-, entre outros.


Dixitalización

Uno dos feitos máis destacables do proceso é que a partir de agora todos estes bens locais que conforman o patrimonio municipal do Concello de Cedeira formarán parte dunha listaxe dixital. O proceso, segundo explicou o rexedor municipal, consistiu en fornecer a cada un destes bens mobles, inmobles e materiais catalogados un código de barras. ?Cada cadeira, cada cadro, cada computador dá casa consistorial ten dende agora un código de barras?, apuntou José Luís Vergara.

Este traballo acometido pola Deputación na vila de Cedeira é un procedemento pioneiro e experimental.

Link: DFONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=607