A xunta aproba a bandeira e o escudo oficial do Concello
Fecha Jueves, 12 noviembre a las 17:51:40
Tema PHP-Nuke


A súa bandeira, en pano amarelo, presenta unha banda diagonal verde, acompañada abaixo, no terzo da hasta, de tres rochas negras e dúas ortigas de sete follas cada unha; na parte alta, á dereita da bandeira,
unha cruz patada de vermello.

O seu escudo organízase en dúas metades: á esquerda, de cor verde, ten unha banda de ouro engolada de dragantes e linguada en vermello; o borde é de ouro, cunha cruz patada vermella no cantón de honor e a lenda “Ave María Gratia Plena”. Á parte da dereita, en campo de ouro, presenta as tres rochas e ortigas da bandeira, esta vez sobre ondas de prata e azur. Ao timbre, coroa real pechada.

Atendendo á simboloxía destes símbolos heráldicos, a banda e a cruz representan as armas dos Andrade, antigos señores medievais de Cedeira desde o século XIV; e as rochas e as ortigas simbolizan os “aguillóns” que emerxen das profundidades do mar e a propia toponimia do Cabo Ortegal.

Link: Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=606