Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Fecha Jueves, 12 noviembre a las 15:53:40
Tema PHP-Nuke


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza informa dun episodio de meteoroloxía adversa por vento e costeiro de nivel laranxa que afectará á Comunidade galega a partir de mañá venres. Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espérase vento suroeste con refachos que poderán superar os 110 quilómetros á hora, nas zonas do Noroeste e Oeste da provincia da Coruña e A Mariña e na montaña de Lugo.
Ademais, nas provincias da Coruña e Pontevedra espérase que a precipitación acmulada en 12 horas poida acadar os 40 mm e a acmulada nunha hora os 15 mm (nivel amarelo). No mar, nas provincias de A Coruña e Pontevedra espérase mar moi grosa con vento Forza 8 e posibles intervalos de Forza 9, agardándose mar de Fondo con vento do suroeste Forza 8 acadando valores en torno aos 5 metros para o sábado na provincia de Lugo.



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CAE 112), alertou a todos os concellos costeiros da Comunidade Autónoma, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos. Igualmente, foron informados destes episodios meteorolóxicos adversos efectivos dos parques municipais de Bombeiros das catro provincias galegas e os membros da Oficina do Consorcio contra Incendios e Salvamento. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, cómpre extremar a precaución nas estradas, xa que se poden producir desprendementos de terra ou árbores; e nas rúas, pois é posible que caian obxectos dende tellados, balcóns ou fiestras. Por último, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Link: XONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=605