O Concello xa poderá facer uso do seu Plan de Emerxencia
Fecha Jueves, 12 noviembre a las 09:25:11
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira xa dispón dun do primeiros Plan de Emerxencia Municipal da comarca. O docmento foi ratificado por unanimidade no pleno nunha sesión que se celebrou o pasado martes.

Unha vez superado este trámite o docmento xa ten validez e poderá ser utilizado en caso de producirse unha situación de emerxencia como a acontecida o pasado 23 de xaneiro, cando o furacán "Klaus" azoutou con virulencia a vila cedeirense.

Como se lembrará, o pasado mes de xuño a Comisión Galega de Protección Civil homologaba o Plan de Emerxencia. Posteriormente foi presentado na Comisión de Seguridade Cidadá e agora foron os políticos quen apoiaron esta inciativa promovida polo goberno local e impulsada por unha ducia de voluntarios, na súa maioría cedeirenses, con coñecementos en materia de seguridade e vinculados a distintos ramos profesionais. Así, participaron na redacción do protocolo de seguridade axentes da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e técnicos en prevención de riscos laborais, que traballaron na confección do proxecto máis dun ano.

O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, destacaba onte o esforzo deste grupo de persoas que de forma altruísta deron forma a este ambicioso proxecto, que vén situar a Cedeira entre os poucos municipios galegos con menos de 10.000 habitantes que dispoñen deste protocolo de emerxencia.

Simulacro > Antes de distribuír o plan entre a poboación realizaranse varios simulacros nalgún dos edificios públicos da vila, como centros educativos ou o centro de saúde, onde se rexistran numeros fluxos de xente a diario.

O alcalde tamén destacou o papel fundamental que terán todos os cedeirenses na aplicación do protocolo, que deberán coñecer con detalle para seguir as súas indicacións no caso de que se produza algunha situación de emerxencia como inundacións ou incendios, entre outras, e coñecer cal debería ser a súa intervención.


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=604