PSOE: os orzamentos da Xunta condenan a vila á marxinación e o ost
Fecha Miércoles, 11 noviembre a las 09:21:15
Tema PHP-Nuke


O grupo socialista de Cedeira presentará una serie de enmendas aos orzamentos da Xunta a través dos seus parlamentarios por entender que o docmento económico aprobado pola administración autonómica condena á vila cedeiresa “a marxinación e o ostracismo”, segundo se pon de manifesto desde o devandito grupo.

Segundo explicou o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, as previsións da Xunta “non cubren as necesidades que o meu concello ten”. Asi mesmo, o rexedor insiste en que moitas das actuacións pendentes no concello son froito dunha serie de compromisos adquiridos co goberno de Emilio Pérez Touriño. De feito, nalgún caso, estas intervencións están avaladas pola súa publicación do Diario Oficial de Galicia, segundo explicou o alcalde. Os socialistas cedeireses entenden que “a ausencia nos orzamentos do esquecemento de Cedeira supoñen a confirmación do que esta Xunta ten pensado para o concello, a marxinación e o ostracismo”.

AC-566

Unha das intervencións máis importantes para a vila cedeiresa e que non contará con ningunha partida orzamentaria é a mellora da estrada AC-566, que une os municipios de Valdoviño e Cedeira. A mellora desta vía é unha prioridade para o consistorio cedeirés, xa que se trata da única estrada de conexión con Ferrol e atópase en moi mal estado de conservación, ademais das súas complicadas características, xa que é unha vía na que practicamente non se pode adiantar e que está chea de curvas.

Os socialistas lembran que un estudio preliminar feito na pasada lexislatura para a mellora desta vía dividía a mesma en catro tramos: Narón-Valdoviño; Variante valdoviñesa; Valdoviño-Cedeira e a Variante cedeiresa. Nese mesmo período licitaronse xa os proxectos dos dous primeiros tramos -Narón e Valdoviño e a Variante valdoviñesa-. Por outra banda, a execución do tramo entre Narón e Valdoviño entrará nos orzamentos do vindeiro ano, “pero non así o que vai de Valdoviño a Cedeira, que é o realmente complicado”, segundo inciden desde o PSOE.

Desde a referida formación política tamén presentarán enmendas aos orzamentos sobre outras cuestións, entre elas, a Vía de Alta Capacidade. Neste senso, os socialistas lembran a mobilización dos alcaldes do Partido Popular esixíndo máis cartos para rematar unha vía cuxas previsións contemplaban que estaría rematada no 2011, “hoxe falan do 2015 e non pasa nada”, lamentan os socialistas cedeireses. Asi mesmo, lembran que o goberno de Emilio Pérez Touriño licitou e contratou a variante de Ortigueira, “que suporá resolver un dos colos de botella históricos, a Ponte do Baleo”, afirman.

Outra das queixas dos socialistas de Cedeira é a mellora do saneamento na vila. Neste senso lembran que na pasada lexislatura presentáronse dous proxectos de separación de pluviais por algo menos de 200.000 euros. Segundo din a licitación do primeiro “chegou a aparecer no DOG, pero o proceso detívose sen explicación algunha”, sinalan. Tampouco se reflicten nos orzamentos a continuación do proceso de modernización das instalacións portuarias, xa que non se destina ningunha partida para a lonxa. Neste eido, tampouco se destinarán partidas para a mellora dos pantaláns.

A pesar da cesión dos terreos por parte do Concello, a ampliación do centro de saúde e a escola infantil e a construción dunha residencia da Terceira Idade, seguirán sen acometerse.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=603