Máis BNG pide “pluralidade”
Fecha Martes, 10 noviembre a las 09:51:28
Tema PHP-Nuke


Máis BNG, a corrente dentro do Bloque que lideran os deputados Carlos Aymerich e Teresa Táboas, asegura que a súa constitución no seo da formación frontista non pretende “substituír a hexemonia” da UPG pero si desliza críticas encubertas a ese sector da organización. Os seus obxectivos pasan “por forxar un programa político común partindo da pluralidade da fronte”.

Nas teses que someterá a debate Máis BNG, o próximo día 21 de novembro, esta corrente constata que “pese a estar definido coma unha fronte, o Bloque funcionou en gran medida mediante a aplicación da hexemonía dun grupo sobre un conxunto”, en referencia á UPG, sector maioritario dentro do BNG e que lidera Francisco Rodríguez.

“Máis BNG non pretende substituír unha hexemonia por outra diferente. Polo contrario, aspiramos a que todos gocen dos mesmos dereitos, deberes e posibilidades”, recolle a ponencia política desta corrente, que recalca que “o respecto e a pluralidade é e debe ser un sinal de identidade”. Non obstante, advirte de que esta característica non debe impedir que a sociedade perciba o Bloque como “un proxecto político” único, para o que “é imprescindible dotalo dun proxecto político común”. Acerca deste punto, os seguidores deste movemento ven como “unha carencia” o feito de que “ata agora, a elaboración ideolóxica e programática do BNG non foi común á de todos os sectores, nin moito menos completa”. Outro dos puntos que defende esta corrente e que será debatido o próximo día 21 pasa pola crenza de que “hai que alongar a adhesión social a un proxecto nacional para Galiza”, de xeito que aposta por “aspirar a maioría da cidadanía galega apoie o proxecto nacionalista”. “O BNG debe ser a casa común de nacionalistas e galeguistas”, asume.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=601