Cambio de titularidade da estrada
Fecha Martes, 10 noviembre a las 09:46:59
Tema PHP-Nuke


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade do treito comprendido entre os puntos quilométricos 12+020 e 13+050 da estrada AC-566, que une Narón e Campo do Hospital a favor do concello de Valdoviño.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas resolveu favorablemente este cambio, ao considerar que os tramos mencionados adquiriron características netamente urbanas. Este ditame foi comunicado ao Concello de Valdoviño que manifestou a súa aceptación.

Nese senso, correspóndelle ao concello coruñés todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos viais, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidera corresponderlle como nova administración titular das estradas.

Cómpre precisar que a entrega do vial formalizarase, no prazo de dous meses tras esta publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.



Cesión regulada por lei

Segundo se recolle no artigo 5 da Lei 4/1994 de Estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería con competencias na materia e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outro lado, o artigo 54 deste texto legal establece que as estradas autonómicas ou treitos determinados das mesmas, nos que a circulación adquira características urbanas, entregaránselles aos respectivos concellos. Tamén se estipula que o expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular e será resolto polo Consello da Xunta.

Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=600