O Concello de Cedeira investiga unha denuncia a familiares do alcalde
Fecha Viernes, 06 febrero a las 08:40:23
Tema PHP-Nuke


O rexedor socialista aclara que o muro obxecto da queixa construíuse fai 30 anos e delega o caso no tenente de alcalde, do BNG


O Concello de Cedeira investiga a denuncia presentada hai meses por un particular contra familiares do alcalde, o socialista José Luís Vergara, pola construción dun muro que, segundo consta na queixa, invade nun metro a vía pública. En contra do asegurado polo denunciante, o rexedor aclarou onte que a obra non foi executada durante o seu mandato, senón que foi construída fai xa 30 anos, moi anterior ao plan de ordenación municipal (1995).

"O muro non invade o dominio público, senón que é o plan de urbanismo o que invade o muro", matizou o alcalde.

Ante o silencio administrativo que lle reprochou o denunciante, motivo polo que a denuncia presentada ante o Concello foi elevada ao Valedor do Pobo, Vergara asegura que a queixa "está sobre a mesa dos servizos xurídicos" do Concello. "A denuncia -mantivo- está a tramitarse". Mesmo, segundo apuntou, delegou o seguimento do caso no tenente de alcalde, o nacionalista Alfredo del Río, para evitar que o seu parentesco coa propietararia da leira obxecto da denuncia "poida contaminar" o proceso.

O obxecto inicial da queixa, segundo manifesta o alcalde, era pola falta de aparcadoiros para os veciños desa rúa, polo que o denunciante reclamaba limitar o estacionamento aos residentes. Ante a falta de espazo da vía, o Concello acordou prohibir o aparcadoiro nesa vía.

Polo momento, o Valedor do Pobo xa se puxo en contacto co Concello para pedir un informe municipal e contrastar os feitos denunciados.

Link: ODCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=6