Moreda gaña a batalla
Fecha Sábado, 07 noviembre a las 22:57:09
Tema PHP-Nuke


O prognóstico aberto hai ano e medio ao respecto da loita polo liderado do PSOE coruñés vén de confirmarse esta mesma fin de semana. Salvador Fernández Moreda, que iniciara hai moitos meses os seus movementos, co bipartito aínda no poder na Xunta, completou con vitoria este sábado a batalla.

Un camiño no que foi clave o propio poder acmulado neste tempo á fronte da Deputación da Coruña, posto chave á hora de manter estreito contacto e sintonía cos dirixentes comarcais e locais do partido. O protagonismo de Fernández Moreda vírase ademais reforzado nos últimos tempos co seu ascenso á vicepresidencia primeira de Caixa Galicia, entidade da que xa era membro do consello de administración desde hai dous anos. Malia a súa herdanza de home próximo ao ex alcalde Francisco Vázquez, valor de dubidoso peso no PSdeG dos últimos tempos, Moreda acadou boa sintonía no seu momento co anterior líder do partido, Emilio Pérez Touriño, e recibiu desta volta a beizón do actual secretario xeral, Manuel Vázquez, na disputa polo poder coruñés co deputado Xosé Manuel Lage.

Como reforzo do seu proxecto, e malia as suspicacias ao respecto do seu pasado vazquista, Moreda xogou unha importante carta simbólica ás portas deste congreso provincial ao anunciar que Francisco Caamaño, ministro de Xustiza, entraría á presidencia do PSOE coruñés se el era escollido secretario provincial. Unha xogada con dobre implicación, por unha banda o verniz de sensibilidade galeguista que Caamaño lle outorgaría ao proxecto, aínda coa súa comentada presencia na manifestación a prol do galego na memoria recente. Por outro, o propio desembarco do ministro na estrutura orgánica do PSdeG onde podería estar chamado a desenvolver algún papel importante a medio prazo.

Co 68,6% dos votos
O novo secretario provincial do PsdeG na Coruña chega ao cargo logo de conseguir este sábado o 68,6% dos votos no congreso celebrado na cidade herculina. Dos 156 delegados, até 107 lle outorgaron o seu apoio a Salvador Fernández Moreda, mentres que a candidatura de Xosé Manuel Lage recibía 49 votos, o 31,4%, rexistrándose cinco votos en branco.

Fernández Moreda agradeceu posteriormente o apoio e dixo ter "moita ilusión" para "ser útil" ao partido. De paso, pediulle ao rival neste congreso a súa colaboración para "fortalecer" o partido. Ao fío, definiu a loita entre as dúas propostas como unha "confrontación ordenada e democrática" que, aesgurou, "contribuirá a reforzar o partido". Engadiu Moreda que non pretende ser "tapón de ninguén" e reclamou "lealdade, compromiso e traballo". Na nova etapa, insistiu, "non hai confrontación nin hai adversarios". Ademais, destacou que a nova estrutura provincial da formación adaptará mellor o PSOE á realidade do país.

Link: VIONLIne





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=598