Loitar contra a corrupción urbanística
Fecha Jueves, 05 noviembre a las 10:46:43
Tema PHP-Nuke


O Ministerio de Vivenda creou un sistema informático co que pretende aumentar a transparencia na ordenación e a xestión do chan e, deste xeito, loitar contra a corrupción urbanística.

Este Sistema de Información Urbana (SIU), presentado hoxe polo subsecretario de Vivenda, Marcos Vaquer, permitirá coñecer como se están transformando o territorio e as cidades, á vez que achegará información sobre onde hai chan dispoñible, en que cantidade e para que uso.



Nunha nota de prensa, o Ministerio de Vivenda considera que de «canta máis e mellor información urbanística» dispóñase «menos espazo quedará para a información privilexiada e a opacidade en procesos tan importantes desde un punto de vista económico, social e ambiental».

Vaquer dixo que o deber dos poderes públicos é «investigar, perseguir e sancionar» os procesos de corrupción e especulación do chan, así como o de pór en marcha instrumentos eficaces de prevención destas malas prácticas.

O SIU cmpre un mandato incluído na Lei do Chan de 2007, que senta as bases para unha maior sustentabilidade e transparencia na ordenación e xestión do chan.

Entre as medidas incluídas nesta lei destaca a obrigación das Administracións Públicas de pór a disposición dos cidadáns por medios telemáticos tanto o texto en vigor dos plans urbanísticos como o anuncio de sometemento a información pública e outros trámites relevantes para a súa aprobación ou alteración.

Ademais, a lei establece que o Goberno debe formar e actualizar permanentemente un sistema público xeneral e integrado de información sobre chan e urbanismo desenvolvido en colaboración coas Comunidades Autónomas e compatible co resto de sistemas de información xa existentes.

Por iso, explicou Vaquer, o SIU foi deseñado en colaboración coas comunidades autónomas e con outros ministerios como o de Industria, Comercio e Turismo.

O SIU é unha ferramenta dixital en forma de portal libre e gratuíto a través do cal os cidadáns terán acceso a toda a información dispoñible sobre urbanismo e chan.

Todo esta información estará dispoñible na dirección http://siu.vivienda.es/portal/

Tamén se poderá entrar ao mesmo a través do enlace dispoñible na páxina web do ministerio

Ata o momento, no visor do SIU está dispoñible a información urbanística de 369 municipios que concentran a 22,6 millóns de habitantes, é dicir ao 50% da poboación total de España e ao 72% da das 85 Grandes Áreas Urbanas.

Ao finalizar este ano estará dispoñible a información de máis de 400 municipios e durante 2010 prevese incluír a de, aproximadamente, 2.000 municipios de pequena entidade.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=593