Perblago - Protesta dos traballadores
Fecha Sábado, 31 octubre a las 16:36:35
Tema PHP-Nuke


A actual crise económica envía cada mes ao paro a miles de persoas e, a outras, mándaas ao "limbo". Nesa situación atópase o persoal de Perblago, sen traballar e sen prestación por desemprego. Despois de dous meses sen percibir as súas nóminas, o sete operarios da empresa reclaman un despedimento que os saque desa terra de ninguén na que se atopan.



© 2009 - Diario de Ferrol

Ferrallas Perblago é unha empresa do sector da construción e dedicada, concretamente, ás estruturas metálicas. A firma conta cunha nave en Cedeira e outra en Catabois, ás que hai meses deixaron de chegar as materias primas. Sen carga de traballo, os empresarios ofreceron ao persoal a firma dun docmento que lles permitía permanecer nas súas casas, sen acudir diariamente ao seu posto, pero que lles garantía que seguían intactos os seus soldos.

Na mañá de onte, os traballadores concentráronse ás portas dunha notaría, en Cedeira, mentres os empresarios celebraban unha reunión de tipo mercantil. A súa protesta, no entanto, non serviu para que os socios da firma aclarásenlles cal vai ser a súa vía de solución.


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=588