Provisión de dúas prazas de emprego público
Fecha Miércoles, 28 octubre a las 10:50:08
Tema PHP-Nuke


Bases xerais, bases específicas e convocatoria para a provisión de dúas prazas de emprego público ofertadas polo Concello de Cedeira no exercicio 2009

ANUNCIO

1.–Normas xerais.

1.1.–E obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade das prazas de persoal funcionario, de acordo coa oferta de emprego público de 2009, a través do procedemento de selección que para cada unha delas se especifique nas bases das convocatorias especificas, segundo as seguintes disposicións:

– Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na redacción recollida pola Lei 11/99.

– Real decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

– Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

– Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

– Regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de marzo de 1991, e supletoriamente Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado.

2.–Requisitos.

Para poder participar nas probas selectivas é preciso:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia.

Tamén poderá participar o cónxuxe, descendentes e ascendentes de cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europa, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estén separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais asinados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

En *****primento do sinalado no artigo 1.3 da Lei 17/1993, de 23 de decembro, as bases específicas de cada convocatoria establecerán, se é o caso, que prazas quedan reservadas para aspirantes de nacionalidade española.

b) Ter *****pridos dezaseis anos de idade e que non se houbese acadado a idade para a xubilación forzosa.

c) Ter o título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. Os títulos requiridos para cada unha das prazas sinalaranse nas bases específicas de cada unha das convocatorias.

No caso de titulacións non expedidas en España estas deberán estar debidamente convalidadas polo Ministerio de Educación.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes. As persoas con minusvalidez deberán facelo constar na súa instancia, sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de eivado acreditarase por certificación da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes e será nulo o nomeamento como funcionario de carreira/persoal laboral dos aspirantes que estén incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

3.–Persoas con discapacidade.

3.1.–En cada convocatoria reservarase o 7% das vacantes ofertadas para seren cubertas por quen teña a condición legal de persoa con discapacidade de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988 do 26 de marzo. Cando a aplicación da citada porcentaxe sexa igual ou superior a 0,5 prazas de reserva computarase como unha praza a incluír en tal cota.

3.2.–En todo caso, en cada convocatoria establecerase o número concreto de prazas que queden reservadas para persoas con discapacidade ás que puidera corresponder esta cota. Farase constar, así mesmo, que non se reserva ningunha praza no suposto de que non se alcance o mínimo necesario para isto de acordo co previsto nos puntos anteriores.

4.–Solicitudes.

4.1.–Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó Sr. alcalde do concello, directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A instancia conterá, alomenos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza convocada á que opta.

Xunto coa instancia achegarase fotocopia do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación da respectiva convocatoria no BOE e no DOG.

4.2.–Cando o procedemento de selección inclúa concurso de méritos, os aspirantes deberán achegar inescusablemente á instancia unha relación dos que aleguen, e os do*****entos acreditativos ou fotocopias compulsadas de todos e cada un dos méritos alegados que sexan puntuabeis, segundo as bases específicas que correspondan.

5.–Admisión dos aspirantes.

5.1.–Para ser admitido e tomar parte nas probas que se convoquen será suficiente con que os aspirantes manifesten na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no apartado 2 destas bases, ademais das que para cada praza se sinalen nas respectivas convocatorias específicas.

5.2. Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará, no prazo dun mes, resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos da Casa do Concello. Na mesma resolución incluirase a composición nominal do tribunal e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.

5.3.–Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días para a subsanación de erros, nos termos do artigo 71 da Lei 30/92. Unha vez transcorrido o dito prazo, o Sr. alcalde dictará resolución definitiva, que levará implícita a estimación ou desestimación das solicitudes de subsanación, e que se publicará no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

5.4.–O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoque. Cando da do*****entación que debe presentarse no caso de superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.

6.–Tribunais cualificadores.

6.1.–Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse de conformidade co sinalado no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

6.2.–Os tribunais estarán compostos do seguinte xeito, e os seus membros serán determinados especificamente para cada proceso selectivo, garantindo a composición eminentemente técnica deste órgano colexiado:

Presidente (titular e suplente): funcionario de carreira ou persoal laboral fixo de calquera administración pública.

Secretario (titular e suplente): funcionario de carreira ou persoal laboral fixo de calquera administración pública.

Vogais (en número de tres): 3 funcionarios ou persoal laboral fixo de calquera administración pública (titulares e suplentes).

6.3.–Todos os membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou prazas que se convoquen.

6.4.–O tribunal non se poderá constituír, nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade máis un dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do Secretario ou dos que legalmente os substitúan.

6.5.–Os membros do tribunal deberanse de abster de intervir, comunicándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 , de 26 de novembro, ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos 5 anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

6.6.–O tribunal resolverá todas as dúbidas que xurdan na aplicación destas normas, así como nos casos non previstos nestas.

Tamén poderá dispor a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno, limitándose os asesores a prestar a colaboración nas súas especialidades técnicas.

6.7.–Para os efectos de asistencia, os compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas terán as categorías e serán retribuídos segundo establece o R. D. 462/2002, de 24 de maio.

7.–Desenvolvemento dos exercicios.

7.1.–Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, non sendo os casos debidamente xustificados libremente apreciados polo tribunal. Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

7.2.–A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente levarase a cabo por orde alfabética segundo a primeira letra do apelido, comezando pola letra D do sorteo para o ano 2009, publicado no Diario Oficial de Galicia do 4 de febreiro de 2009, ó que se refire o artigo 9 do Regulamento de Selección do persoal da Comunidade Autónoma de Galicia de 20 de marzo de 1991. De non contar con aspirantes cuxo primeiro apelido non comece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación pola letra ou letras seguintes.

7.3.–Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da realización celebración dos sucesivos exercicios no Boletín Oficial da Provincia, sendo suficiente coa súa exposición no taboleiro de edictos do Concello.

7.4.–Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer un mínimo de 48 horas, a non ser que todos os membros do tribunal e os aspirantes que teñan que realizar a respectiva proba acepten expresamente a reducción deste prazo. O prazo máximo que transcorrerá entre proba e proba será de 45 días naturais.

7.5.–Os exercicios, tanto orais como escritos ou prácticos, realizaranse en lingua galega ou castelá, agás aqueles destinados a valorar o coñecemento dun idioma, que se realizarán no idioma indicado no exercicio.

8.–Sistema de selección e cualificación dos exercicios.

8.1.–Nas convocatorias específicas que completan estas bases xerais concretarase o sistema de selección, así como os sistemas de cualificación dos distintos exercicios.

8.2.–No sistema de concurso-oposición, a fase de concurso, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. O tribunal non poderá estimar o non foi alegado e probado polos aspirantes nos do*****entos achegados no momento de presentaren a solicitude para admisión ás probas selectivas.

Non se concederá ningún prazo a maiores para achegar a do*****entación acreditativa dos méritos.

8.3.–As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorden no taboleiro de edictos do Concello.

8.4.–A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes virá dada pola suma da totalidade das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

9.–Relación de aprobados.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios do concello a relación de aprobados por orde de puntuación. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados pode exceder o número de prazas convocadas, a relación de aprobados confeccionarase cos aspirantes que, superados tódolos exercicios obrigatorios, obteñan a maior puntuación, sumando a fase de concurso, de existir, e os puntos de cada un dos exercicios da oposición.

O tribunal elevará dita relación ó alcalde da corporación, a quen lle compete o nomeamento correspondente.

10.–Presentación de do*****entos.

10.1.–No prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello, os seguintes do*****entos:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título académico esixido na respectiva base específica, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición. Se estes do*****entos estivesen expedidos despois da data de remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión ás probas selectivas, deberán xustificar debidamente o momento de remate dos estudios correspondentes.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente e referida ao momento da súa toma de posesión.

e) Certificación médica oficial acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que imposibilite o normal exercicio da súa función.

10.2.–Os aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con minusvalidez deberán presentar certificado expedido polos órganos competentes que acredite a mesma, e tamén deberán presentar certificación dos ditos órganos ou administración sanitaria acreditativa da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

10.3.–Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificar do*****entalmente as condicións e requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, presentando neste caso, certificación da Administración Pública da que dependan que acredite esta condición.

10.4.–Os que dentro do prazo sinalado, agás os casos de forza maior, non presenten a súa do*****entación ou non reúnan os requisitos esixidos, non poderán seren nomeados, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo.

11.–Nomeamento e toma de posesión.

11.1.–No caso de prazas de funcionarios, os aspirantes propostos que presenten a do*****entación preceptiva serán nomeados funcionarios de carreira polo Sr. alcalde, e deberán tomar posesión no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da notificación do dito nomeamento. Tratándose de prazas de persoal laboral, unha vez presentada a do*****entación preceptiva, o órgano competente procederá á formalización do contrato. Ata que non se formalice, o aspirante proposto non terá dereito a percepción económica algunha.

11.2.–O nomeamento como funcionario de carreira queda supeditado á superación do correspondente período de prácticas sendo nomeado mentres funcionario en prácticas.

11.3.–Establécese un período de prácticas de tres meses a contar dende a efectiva toma de posesión como funcionario en prácticas. A superación deste período acreditarase por resolución de Alcaldía logo de informe do xefe do servizo. Na mesma resolución en que se constate a superación do período de prácticas se proverá o nomeamento como funcionario de carreira. O devandito período de practicas realizarase unha vez superada a fase de oposición e o *****primento dos demais requisitos esixidos.

Durante o período de prácticas, a autoridade que efectuase a convocatoria nomeará funcionario en práctica ao aspirante proposto, que percibirán con cargo á Corporación, as retribucións correspondentes ao posto de traballo efectivamente desenvolvido.
Os aspirantes que non superen o período de prácticas por resolución motivada da autoridade que efectuase a convocatoria, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios de carreira.

12.–Impugnación.

As presentes bases e tódolos actos administrativos que dela deriven poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

13.–Formación de bolsas de traballo.

Cos aspirantes que non obtendo praza houbesen superado algún exercicio do correspondente proceso selectivo formarase unha bolsa de traballo segundo o orde de puntuación obtida para nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais en postos de traballo de contido equivalente de acordo coas seguintes normas :

13.1.–Os chamamentos aos aspirantes.

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter a constancia da súa recepción.

Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, a/o funcionaria/o que as realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tiveron ou non resposta.

13.2.–Suspensión dos chamamentos.

1. De oficio.

A aceptación dun chamamento suporá a suspensión dos chamamentos ata que cese o primeiro nomeamento.

2. Por solicitude do/a interesado/a.

Os integrantes da bolsa de traballo que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión das citacións mediante solicitude para o efecto formulada.

A dita solicitude, que será irrenunciable, terá efectos suspensivos nas citacións. Os seus efectos produciranse desde o décimo día natural seguinte contado desde a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, a elección da/o interesada/o, será de dous, seis ou doce meses computados desde a data de efectos da suspensión.

13.3.–Situación na bolsa de traballo.

1. Os integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se ou nomeamento para a que son chamados finaliza, retornarán ao posto que novamente lles corresponda na lista.

2. Os integrantes da Bolsa de Traballo que, sendo convocados para facer efectiva a contratación ou nomeamento segundo o disposto na base novena, non se presentaran ou renunciaran a esta, perderán os seus dereitos quedando excluídos da lista por un ano, debendo solicitar de novo a súa inscrición unha vez transcorrido o dito prazo. Entenderanse como causa xustificada para non responder ao chamamento que o interesado esteña desempeñando outro traballo público ou privado.

A mesma consecuencia terá a renuncia na continuidade no desempeño dun posto de traballo.

13.4.–Nomeamentos e cesamentos.

Poderán conferirse nomeamentos interinos para o desempeño de postos de traballo que encóntrense vacantes ou non vacantes. Neste último caso será causa suficiente a situación de ILT ou vacacións do seu titular.

Previo ao nomeamento deberá solicitarse informe de existencia de crédito á Intervención Municipal.

Unha vez comparecera o aspirante chamado segundo o orde da Bolsa de Traballo, o Sr. alcalde por resolución procederá ao seu nomeamento para o desempeño do posto de traballo correspondente.

O cese produciráse por resolución da Alcaldía cando aconteza algunha das causas recollidas no artigo 5.2 da Lei de funcionarios civiles del estado (D 315/1964).

13.5.–Retribucións.

Os integrantes da bolsa de traballo aos que se lles confira nomeamento interino ou cos que se formalice contrato laboral temporal para o desempeño de posto de traballo percibirán as retribucións previstas no anexo de persoal do Orzamento do Concello de Cedeira para o ano correspondente para o posto de traballo correspondente.

13.6.–Extinción da bolsa de traballo.

A bolsa de traballo formada como consecuencia do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase unha vez transcorridos dous anos a contar desde a data da publicación no BOP da resolución da Alcaldía que a aprobe, ou cando se produza un novo proceso selectivo.

13.7.–Formación de bolsa de traballo para postos encadrados na subescala administrativa da escala de Administración xeral.

Cos aspirantes que non obtendo praza houbesen superado algún exercicio do proceso selectivo da praza de auxiliar administrativo e estean en posesión de título de bachiller ou equivalente formarase unha bolsa de traballo, segundo a orde de puntuación obtida, para nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais en postos de traballo encadrados na subescala administrativa da escala de Administración Xeral ou equivalentes de acordo coas normas recollidas nos artigos anterirores. Esta bolsa de traballo sustituirá á aprobada por resolución de Alcaldía de 6 de xuño de 2006 e prorrogada por acordo da Xunta de Goberno Local de 21 de outubro de 2008, anunciado no BOP de 15 de novembro de 2008. Esta bolsa de traballo extinguirase cando se produza un proceso selectivo desta subescala.

BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

Bases específicas e convocatoria para a provisión en propiedade de unha praza de funcionario de carreira vacante no cadro de persoal do Concello de Cedeira e incluídas na oferta de emprego público do ano 2009 coas seguintes características:

Grupo: subgrupo C2 (D.Tª. 3ª Lei 7/2007). Escala: Administración xeral. Subescala: auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar administrativo.

A presente onvocatoria específica constitúe un desenvolvemento da oferta de emprego público do Concello de Cedeira para 2009 aprobada por acordo por acordo da Xunta de Goberno Local adoptado na sesión do día 26 de maio de 2009, que despois foi anunciada no BOP de 16 de xuño de 2009 e no DOG de 7 de xullo de 2009, e réxese polas bases xerais para a selección en propiedade de prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2009, publicadas neste mesmo boletín oficial e polas seguintes bases específicas:

1.–Clasificación das prazas.

Funcionario da Escala de Administración xeral, Subescala auxiliar, denominación auxiliar, para cubrir a praza vacante denominada auxiliar administrativo.

2.–Dotación económica.

As retribucións correspondentes ao subgrupo C-2, e demais retribucións complementarias segundo acordos adoptados pola Corporación ao respecto, e concretados na relación orzamentaria e catalogo de postos de traballo.

3.–Requisitos esixidos.

Ademais dos previstos nas bases xerais, é requisito estar en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente.

4.–Número de prazas que se convocan.

Unha (1).

Número de prazas reservadas para persoas con minusvalidez: cero (0).

Número total de prazas: unha (1).

5.–Sistema de selección

Oposición, quenda libre.

6.–Presentación de instancias e composición do tribunal.

Segundo o disposto nas bases xerais.

7.–Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

7.1.–FASE DE OPOSICIÓN.

A oposición constará de catro exercicios, eliminatorios cada un deles de modo que non poderán pasar ao seguinte exercicio os aspirantes que non alcanzaran a cualificación mínima establecida para cada un deles.

Primeira proba.

Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na realización dun test de 50 preguntas con respostas alternativas, no tempo máximo de 45 minutos sobre o contido do programa especificado no anexo da convocatoria. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non o obteñan.

Segunda proba.

Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá en contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, 10 preguntas sobre o contido do programa especificado no anexo da convocatoria. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntese. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, debendo acadar os aspirantes un mínimo de cinco puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non o obteñan.

Terceira proba.

Obrigatoria e eliminatoria, de carácter práctico. Consistirá en demostrar coñecementos de informática de nivel usuario avanzado de Administración Pública o sistema operativo “Windows XP”, o paquete ofimático “Office”, “Lotus Word Pro”, a través de exercicios prácticos propostos polo tribunal a desenvolver cun ordenador durante un período máximo dunha hora.

O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non o obteñan.

Cuarta proba.

Obrigatoria e eliminatoria, coñecemento de galego. Consistirá na traducción directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio será cualificado coa puntuación de apto ou non apto. Os aspirantes que están en posesión do CELGA 4 ou equivalente quedarán exentos da realización desta proba.

9.3.–Cualificación final.

A cualificación definitiva do proceso selectivo será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a oposición.

O tribunal proporá o nomeamento do/da aspirante que, na suma total das puntuacións asignadas na fase de oposición obtivera a maior puntuación.

O tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas.

10. Publicidade do proceso selectivo.

A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de edictos da Casa do Concello, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.

I. TEMARIO.

Tema 1.–A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2.–Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3.–A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4.–.O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 5.–.Organización territorial do Estado.

Tema 6.–.O Estatuto de Autonomía de Galicia.

Tema 7.–Réxime local español. Clases de entidades locais.

Tema 8.–O municipio. O término municipal, a poboación, o empadroamento.

Tema 9.–Organización municipal e competencias. O Pleno. O alcalde. A comisión de goberno. Órganos complementarios.

Tema 10.–Réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados das entidades locais.

Tema 11.–A potestade regulamentaria das entidades locais. Ordenanzas, regulamentos e bandos.

Tema 12.–A función pública local. Organización.

Tema 13.–Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais, dereitos económicos e dereitos pasivos

Tema 14.–O acto administrativo. Concepto e clases. Elementos.

Tema 15.–A eficacia dos actos administrativos. Notificación e publicación.

Tema 16.–O procedemento administrativo: principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal. Recepción e rexistro de do*****entos.

Tema 17.–Fases do procedemento administrativo.

Tema 18.–Os recursos administrativos. Clases.

Tema 19.–Licenzas urbanísticas. Clases. Regulación. Tramitación.

Tema 20.–Procedemento de reposición da legalidade urbanística.

Tema 21.–Procedemento administrativo de prevención de incendios forestais.

A data de publicación no Boletín Oficial do Estado dun extracto da convocatoria, servirá como data para o cómputo do prazo para a presentación de instancias.

Tema 22.–O orzamento das entidades locais. Principios e do*****entos de que constan. Proceso de aprobación. Principios xerais de execución. Modificacións orzamentarias. Liquidación do orzamento. A conta xeral.

BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DA PRAZA DE ARQUITECTO

Bases específicas e convocatoria para a provisión en propiedade de unha praza de funcionario vacante no cadro de persoal do Concello de Cedeira e incluídas na oferta de emprego público do ano 2009 coas seguintes características:

– Grupo: subgrupo A1 (D.Tª. 3ª Lei 7/2007) Clasificación: Escala de Administración Especial. Subescala: técnica. Categoría: superior. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico municipal.

A presente convocatoria específica constitúe un desenvolvemento da oferta de emprego público do Concello de Cedeira para 2009 aprobada por acordo por acordo da Xunta de Goberno Local adoptado na sesión do día 26 de maio de 2009, que despois foi anunciada no BOP de 16 de xuño de 2009 e no DOG de 7 de xullo de 2009, e réxese polas Bases xerais para a selección en propiedade de prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2009, publicadas neste mesmo boletín oficial e polas seguintes bases específicas:

1.–Clasificación da praza.

– Grupo: subgrupo A1 (D.Tª. 3ª Lei 7/2007) Clasificación: Escala de Administración Especial. Subescala: técnica. Categoría: superior. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico municipal.

2.–Dotación económica.

As retribucións correspondentes ao subgrupo A, e demais retribucións complementarias segundo acordos adoptados pola Corporación ao respecto, e concretados na relación orzamentaria e catalogo de postos de traballo.

3.–Requisitos esixidos.

Ademais dos previstos nas bases xerais, é requisito estar en posesión do título de arquitecto superior.

4.–Número de prazas que se convocan.

Unha (1)

Número de prazas reservadas para persoas con minusvalidez: cero (0).

Número total de prazas: unha (1).

5.–Sistema de selección.

Oposición, quenda libre.

6.–Presentación de instancias e composición do tribunal.

Segundo o disposto nas bases xerais.

7.–Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

A oposición constará de catro exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Primeiro exercicio.–Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, un cuestionario de 20 preguntas con respostas curtas, determinadas polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e relacionado coas materias comprendidas no anexo I desta convocatoria. Neste exercicio valorarase o contido das respostas e a capacidade de redacción así como a concreción e a claridade na exposición.

O tribunal poderá acordar a lectura pública do exercicio.

O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Segundo exercicio.–Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período de tres horas, dous temas de entre tres temas extraidos ao chou polo tribunal, da parte especial do temario, contido no anexo II da presente convocatoria.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados oportunamente para a lectura do seu exercicio en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. No desenvolvemento da lectura, o tribunal poderá realizar preguntas ao aspirante en relación co seu exercicio.

Cada membro do tribunal disporá de fotocopias dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

A cualificación global deste exercicio será de 0 a 20 puntos. Cada tema cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos en cada un dos temas para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. Posteriormente efectuarase a media entre ambos os dous, que será a puntuación da proba. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Terceiro exercicio.–De carácter práctico, consistente na realización, durante un período de dúas horas dun suposto práctico, de contido técnico, a elixir entre dous, que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio. Os supostos formulados polo tribunal versarán sobre os contidos das materias comprendidas na parte especial do anexo II desta convocatoria.

Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Cuarto exercicio.–De carácter obrigatorio e, consistirá no manexo de ordenador a nivel de usuaria/o, para a proba do cal se utilizarán ferramentas informáticas Office (Word e Excel), Lotus Word Pro durante un tempo máximo de unha hora. Este exercicio será puntuado de 0 a 10 sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Quinto exercicio.–Obrigatoria e eliminatoria, coñecemento de galego. Consistirá na traducción directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio será cualificado coa puntuación de apto ou non apto. Os aspirantes que están en posesión do CELGA 4 ou equivalente quedarán exentos da realización desta proba.

10. Publicidade do proceso selectivo.

A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de edictos da Casa do Concello, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.

I TEMARIO

1.–TEMARIO XERAL.

1. A Constitución española de 1978: características e estrutura. Os dereitos fundamentais, as libeniades públicas e os dereitos sociais e económicos.

2. Os poderes do Estado. A división de poderes.

3. A Unión Europea. Sistema institucional: o ordenamento xurídico comunitario. A súa relación co ondenamento xurídico español.

4. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización e competencias. Institucións de Galicia.

5. A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A leí, decretos leí e decretos lex stslativos. O negulamento. A potestade regulamentaria.

6. O procedemento administrativo. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A actividade das administracións públicas. Disposicións administrativas.

7. O acto administrativo. Concepto e elementos. Clases. A eficacia e a execución do acto administrativo.

8. A motivación do acto administrativo. Os actos nulos e anulables. A notificación e publicación dos actos administrativos.

9. As formas de acción administrativa con especial referencia á Administración Local. A actividade de fomento. A actívidade de policía: as licenzas. O servizo público local: formas de xestión dos servizos públicos, con alusión especial ao ámbito local.

10. A motivación do acto administrativo. Os actos nulos e anulables. A notificación e publicación dos actos administrativos.

11. A expropiación forzosa. Procedemento expropiatorio. A expropiación no planeamento urbanístico.

12. O Réxime local español. Evolución da súa regulación xurídica. Principios constitucionais. Réxime xurídico vixente.

13. O municipio: conceptos e elementos. O termo municipal. A poboación: o empadroamento.

14. Organización municipal. Competencias.

15. Outras entidades locais. As mancomunidades. Os consorcios. As comarcas. As áreas metropolitanas. Entidades de ámbito territorial inferior ao municipal.

16. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. A potestade sancionadora local: infraccións e sancións.

17. Persoal ao servizo das entidades locais: funcionarios, persoal laboral e persoal eventual. Réxime xurídico: dereitos e deberes. Réxime disciplinario.

18. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e salda de do*****entos. Requisitos de presentación de do*****entos. Comunicacións e notificacións.

19. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

20. Orzamento das entidades locais. Principios e do*****entos de que constan. Proceso de aprobación. Principios xerais de execución. Modificacións orzamentarias. Liquidación do orzamento. A conta xeral.

2.–Temario específico.

1. Aspectos xerais da evolución do urbanismo en España. Lexislación urbanística vixente.

2. A organización administrativa do urbanismo. Competencias estatais e das comunidades autónomas.

3. O R.D.Lex. 2/2008, texto refundido da Lei do Solo. Antecedentes, obxecto e disposicións xerais.

4. Réxime urbanístico da propiedade do solo: a clasificación do solo no R.D.Lex. 2/2008, en relación co réxime da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

5. Dereitos e deberes dos propietarios do solo nas distintas clases de solo.

6. A Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Xustificación e principios inspiradores, principios xerais, obxecto da Lei, aspectos da función urbanística.

7. O planeamento urbanístico na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Clases de instrumentos de ordenación. O planeamento urbanístico supramunicipal.

8. O Plan Xeral de Ordenación Municipal: obxecto, determinacións, do*****entación, procedemento de aprobación.

9. Os Plans parciais: obxecto, determinacións, do*****entación, procedemento de aprobación.

10. Os Plans especiais: función, tipoloxía, contido e procedementos de aprobación.

11. Estudos de detalle: función, contido e procedemento de aprobación.

12. Outros instrumentos: proxectos de urbanización, catálogos.

13. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación, actos preparatorios, suspensión de licenzas, iniciativas de planeamento, formulación. O procedemento de aprobación do planeamento municipal. A modificación dos plans. Efecto da aprobación dos plans.

14. A vixencia e revisión dos plans. A modificación dos plans. Efecto da aprobación dos plans. Normas de aplicación directa da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

15. O solo urbano na lexislación urbanística vixente.

16. O solo urbanizable na lexislación urbanística vixente.

17. O solo de núcleo rural na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, concepto de núcleo rural, réxime do solo de núcleo rural.

18. O solo non urbanizable na lexislación urbanística vixente.

19. Prazos para o *****primento das obrigas urbanísticas. Deberes de cesión, distribución de cargas e beneficios, e deberes de urbanización.

21. Distribución de cargas e beneficios. As áreas de reparto, o aproveitamento tipo, os instrumentos para a distribución de cargas e beneficios ras distintas clases de solo na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

22. O reparcelamento ordinario: iniciativa, contido e procedemento; reparcelamento voluntario; efectos. Extinción ou transformación de dereitos e cargas, inscrición no Rexistro da Propiedade, efectos tributarios e suptetoriedade das nomas de expropiación forzosa.

23. Execución dos plans de ordenación na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Finalidade, competencias e orzamentos da execución. Polígonos, procedemento para a súa delimitación. Actuacións illadas. Sociedades mercantís para a execución do planeamento. Obtención do solo de sistemas xerais e dotacións públicas. Sistemas xerais e dotacións públicas locais. Ocupación directa.

24. Sistemas de actuación na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Clases de sistemas. Elección do sistema. Procedemento para a súa determinación. *****primento das previsións. Polígonos con exceso de aproveitamento real. Polígonos con aproveitamento real inferior ao susceptible de apropiación. Compensación de cargas. Distribución xusta de cargas e beneficios. Gastos de urbanización.

25. Sistema de compensación na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Determinacións xerais. Incorporación de propietarios á Xunta de compensación. Xunta de compensación e transmisión de terreos. Responsabilidade dos seus membros. Procedemento abreviado. Substitución do sistema.

26. Sistema de cooperación na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Determinacións xerais. Gastos de urbanización. Colaboración dos propietarios.

27. Sistema de expropiación na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección del medio rural de Galicia. Determinacións xerais. Formas de xestión. Prezo xusto. Taxación conxunta. Aprobación e efectos do procedemerrto de taxación conxunta. Procedemento de expropiación individual. Exclusión da expropiación. Requisitos. Adxudicación de parcelas excluidas da expropiación. In*****primento do propietario con bens excluídos.

28. Instrumentos de intervención no mercado do solo na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Patrimonio municipal de solo. Constitución. Bens que o integran. Destino. Dereito de superficie, réxime xurídico. Dereitos de tento e retracto. Delimitación de áreas. Procedemento para a delimitación. Procedemento e efectos: notificación, exercicio do dereito, caducidade e inscrición no rexistro. Transmisión de vivendas suxeitas a protección pública: delimitación de áreas e adxudicación de vivendas.

29. Intervención na edificación e no uso do solo na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Actos suxeitos a licenza. Actos promovidos polas administracións públicas. Deber de conservación. Declaración de ruína. Parcelamentos urbanísticos. Indivisibilidade de parcelas. Réxime de parcelamentos.

30. Deber de conservación e ruína. A declaración de ruína.

31. Os parcelamentos urbanísticos, indivisibilidade. Réxime dos parcelamentos.

32. Disciplina urbanística. Obras sen licenza en curso de execución. Obras terminadas sen licenza. Outros actos sen licenza. Suspensión de licenzas. Revisión de licenzas ou ordes de execución. Protección da legalidade en solo protexido, zonas vendes, espazos libres, dotacións, equipamentos e outras medidas complementarias.

33. Infraccións e sancións. Definición das infraccións urbanísticas. Tipificación. Prescrición. Persoas responsables. Regras para determinar a contía das sancións. Órganos competentes. Procedemento sancionador.

34. Organización e competencias. Órganos urbanísticos da comunidade autónoma. Competencias. Competencias dos municipios. Sociedades urbanísticas. In*****primento de obrigas. Competencias das deputacións provinciais.

35. O réxime transitorio da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

36. A Lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

37. O planeamento urbanístico de Cedeira. Desenvolvemento histórico.

38. O Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente no termo municipal de Cedeira.

39. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Ordenanza de solo urbano residencial de casco antigo (URNA). Ordenanza de solourbano residencial do barrio orixinario da Area (URBO).

40. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Ordenanza de solo urbano residencial e terciario en edificación aberta. URTA.

41. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Ordenanza de solo urbano residencial de edificación entre medianeiras (URME)

42. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Ordenanza de solo urbano de edificación residencial de baixa densidade grados 1 e 2 (BD). Ordenanza de solo urbano do núcleo de San Andrés de Teixido (SAT).

43. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Unidades de Execución e o seu réxime.

44. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Ordenanza de solo urbano mixto-industrial (MIR). Solo urbanizable industrial.

45. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira. Ordenanza de solo non urbanizable de núcleo rural. NU e NN.

46. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira, Deteminacións dos Plans Parciais. Areas de reparto e aproveitamento tipo.

47. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira, Ordenanzas reguladoras do solo non urbanizable.

48. A interpretación do PXOM de Cedeira vixente de acordo coa disposición transitoria 1ª da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicado en BOP de 14 de xaneiro de 2009.

49. Lei de ordenación da edificación. Disposicións xerais. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes da edificación. Responsabilidades e garantías.

50. Decreto 133/2008, do 12 de xuo, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Conceptos. Procedemento. Control e inspeccións.

51. Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas. Actividades. Procedemento.

52. Protección contra a contaminación acústica. Lei 7/97, do 11 de agosto. Regulamento de protección contra a contaminación acústica. Decreto 150/99, do 7 de maio.

53. Lei de ordenación del territorio. Disposicións xeraís. Directrices da ordenación do territorio. Plans territoriais integrados. Programas coordinados de actuación. Plans de ordenación do medio físico. Plans e proxedos sectoríaís. Determinacións, do*****entación e eficacia dos plans e proxedos sectoriais. Procedemento de aprobación.

54. Lei de patrimonio. Disposicións xerais. Bens declarados de interese cultural. Catálogo de bens. Inventario xeral do patrimonio cultural. Réxime de protección e conservación. Protección dos bens de interese cultural: bens inmobles e mobles. Protección dos bens catalogados e dos bens inventariados. O patrimonio arqueolóxico e etnográfico. Os museos. O patrimonio bibliográfico e do*****ental. Os arquivos. As medidas de fomento. Réxime sancionador.

55. Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Lei 8/97, do 20 de agosto. Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade: Decreto 35/2000.

56. A Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia. O Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aproban as Normas do Hábitat Galego.

57. A lexislación sobre estradas. Tipoloxía das estradas. Limitacións e servidumes.

58. A lexislación de costas. Concepto, limitacións e servidumes.

59. Normas básicas da edificación. A súa aplicación e obrigatoriedade. Normas en vigor. Contido.

60. Normas tecnolóxicas da edificación. Clasificación sistemática. Especificacións contido e estrutura das normas tecnolóxicas da edificación.

61. Movemento de terras: replantexos, enterramentos e drenaxes; medidas de seguridade.

62. Cimentacións: replantexo, sistema de cimentación, seguimento, control e inspección.

63. Formigóns: normativa, consíderacións xerais, compoñentes básicos e o seu control de calidade, tipo de formigóns.

64. Estruturas de aceiro. Normativa, control da execución, protección contra da corrosión e o lume.

65. Albanelería. Normativa, fábrica de ladrillo e bloques, muros de carga, materiais e condicións de execución.

66. Cubertas: normativa, materiais de cubrición.

67. Carpintería de taller: normativa, materiais e tipos de carpintería, control de calidade e condiciones de execución.

68. Revestimento de solos: normativa, materiais e condicións de execución. Revestimento de paredes e teitos: normativa, materiais e condiciones de execución.

69. Instalacións de electricidade: normativa, subminrstro en baixa tensión, previsión de cargas, instalacións de enlace, esquemas, acometidas, protección, posta a terra.

70. Distribución de auga fría, normativa, esquema de trazados de instalación e compoñentes da mesma.

71. Producción e distribución de auga quente sanitaria, normativa, clasificación dos sistemas de producción, esquemas e compoñentes da instalación.

72. Evacuación, saneamento e sumidoiros: normativa, clasificación das redes de evacuación, esquemas e compoñentes dos mesmos.

73. Instalacións de calefacción e climatización: normativa, clasificación dos sistemas de calefacción, esquemas e compoñentes dos mesmos.

74. Instalación de gases combustibles: normativa, clasificación dos gases combustibles, descrición da instalación.

75. Instalacións varias: aparatos elevadores, telefonía, radio e televisión, normativa, xeneralidades e esquemas.

76. Protección contra incendios: normativas sobre protección contra incendios nos edificios, instalacións de protección (detección automática e extinción, condicións xerais de utilización), condicións xerais de evacuación dos edificios. A norma básica NBE-CPI-96.

77. Esixencias básicas de seguridade estrutural. DB-SE: estrutura e contidos xerais do do*****ento básico. Do*****entación.

78. Esixencias básicas de seguridade en caso de incendio. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-SI 1. Propagación interior e DB-SI 2. Propagación exterior.

79. Esixencias básicas de seguridade en caso de incendio. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-SI 3. Evacuación de ocupantes e DB-SI 4. Detección, control e extinción do incendio.

80. Esixencias básicas de seguridade en caso de incendio. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-SI 5, Intervención dos bombeiros e DB-SI 6, Resistencia ao lume da estrutura.

81. Esixencias básicas de seguridade de utilización. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB- SU 1. Seguridade fronte ao risco de caídas e DB-SU 2. Seguridade fronte ao risco de impacto ou de atrapamiento.

82. Esixencias básicas de seguridade de utilización. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-SU 3. Seguridade fronte ao aprisionamiento en recintos e DB-SU 4. Seguridade fronte ao risco causado por iluminación inadecuada.

83. Esixencias básicas de seguridade de utilización. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-SU 5. Seguridade fronte ao risco causado por situacións de alta ocupación e DB-SU 6. Seguridade fronte ao risco de afogamento.

84. Esixencias básicas de seguridade de utilización. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-SU 7. Seguridade fronte ao risco causado por vehículos en movemento e DB-SU 8. Seguridade fronte ao risco causado pola acción do raio.

85. Esixencias básicas de salubridade. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-HS1. Protección fronte á humidade e DB-HS2. Recollida e evacuación de residuos.

86. Esixencias básicas de salubridade. Estrutura, contidos e conceptos xerais do do*****ento básico: DB-HS3. Calidade de aire interior.

87. Esixencias básicas de salubridade. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos do*****entos básicos: DB-HS4, subministración de auga e DB-HS5. Evacuación de augas.

88. Esixencias básicas de protección fronte ao ruído. DB-HR: caracterización e cuantificación das esixencias. Valores límite de illamento. Valores límite de tempo de reverberación. Ruído e vibracións de instalacións.

89. Esixencias básicas de aforro de enerxía. Estrutura, contidos e conceptos xerais do do*****ento básico DB-HE 1. Limitación da demanda enerxética.

90. Esixencias Básicas de aforro de enerxía. Estrutura, contidos e conceptos xerais do do*****ento básico DB-HE 2. Rendemento das instalacións térmicas. RITE.

91. Esixencias básicas de aforro de enerxía: estrutura, contidos e conceptos xerais do do*****ento básico DB-HE 3. Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

92. Esixencias básicas de aforro de enerxía: estrutura, contidos e conceptos xerais do do*****ento básico DB-HE 4. Contribución solar mínima á demanda de auga quente sanitaria.

93. Decreto 245/2003. Normas de seguridade nos parques infantís.

94. Alumeados públicos e iluminación: iluminación interior, iluminación exterior, niveis de iluminación, tipo de lámpadas, magnitudes e unidades de medida.

95. Control de calidade: normativa técnica para o control de calidade, o control de calidade no proceso constnrtivo (control de materiais e de execución de obra).

96. Medición e valoración: criterios de medición das unidades de obra, prezos unitarios, auxiliares e descompostos, valoración de obras en execución e rematadas, orzamento de execución material e de contrata.

97. Marco xurídico en prevención de riscos laborais. Conceptos: condicións de traballo. Riscos laborais. Danos derivados do traballo. A Lei de Prevención de Riscos Laborais: ámbito de aplicación. Dereitos e obrigas.

98. A Lei de Prevención de Riscos Laborais. Órganos de representación en materia preventiva: delegados de prevención e comité de seguridade e saúde. Responsabilidades e sancións. Sistemas de control de riscos.

99. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Real Decreto 1627/97: disposicións específicas nas fases de proxecto e execución das obras. O coordinador. Estudio de seguridade e saúde e estudio básico de seguridade e saúde: suposto de obrigatoriedade e contidos. Plans de seguridade e saúde. Principios aplicables ao proxecto e á execución.

100. Disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. Real Decreto 773/1997, de 30 de maio.

Cedeira, 21 de outubro de 2009.

O ALCALDE

Asdo.: Jose Luis Vergara Rey


Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=581