Modificación da composición da Xunta de Goberno Local
Fecha Jueves, 22 octubre a las 10:33:52
Tema PHP-Nuke


Modificación da composición da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias

Data decreto: 15/10/2009

Núm. Decreto: 733

Por resolución de 6 de xullo de 2007, publicada no BOP de 24 de xullo de 2007, se constitueu a Xunta de Goberno Local, se nomearon os seus membros, e se delegaron nela competencia da Alcaldía.

No Pleno celebrado o 6 de outubro de 2009 tomouse razón da renuncia ao cargo de Concelleira de Dona María del Mar Leira Vilarelle.

De conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 43 e 52 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e 65 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

R E S O L V O

Primeiro.–Designar como membro da Xunta de Goberno Local ao Sr. Dn. Manuel Pérez Riola

Segundo.–Modificar as competencias delegadas na Xunta de Goberno Local que terá asignadas as seguintes atribucións:

A) A asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas atribucións.

B) As atribucións, que esta Alcaldía de forma expresa delega, e que a continuación se expresan:

1) Concesión de licenzas urbanísticas.

2) As aprobacións de instrumentos de planeamento de desenrolo do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como as dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

3) Concesión de licenzas de apertura.

4) Aprobación de padróns fiscais de impostos, taxas e prezos públicos.

5) A aprobación das bases das probas para selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, e a aprobación da Oferta de Emprego Público de acordo co Orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno.

6) Cando a súa contía exceda de 6.000 €: contratacións e concesións de toda clase, cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do presuposto nin, en calquera caso, os 6.000.000,00 €, incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe a*****ulado de todas as anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.

7) A aprobación dos proxectos de obras e servizos da súa competencia para a contratación ou concesión destes e estean previstos no presuposto.

8) A adquisición de bens e dereitos, cando o seu valor non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin os tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio que non supere o porcentaxe nin a contía indicados nos seguintes supostos:

1.º.–A de bens inmobles, sempre que estea prevista no orzamento.

2.º.–A de bens mobles, salvo os declarados de valor histórico ou artístico cuxo alleamento non se encontre previsto no orzamento.

9) A solicitude de subvencións para obras, actividades ou servizos municipais, que expresamente requiran acordo da Xunta de Goberno Local e competencialmente non estea atribuída ao Pleno da Corporación, sen prexuízo de que a Alcaldía efectúe por exclusión as demais solicitudes, ou ben por razóns de urxencia, a Alcaldía efectúe estas actuacións dando conta á Xunta de Goberno Local.

10) A aprobación da convocatoria e a resolución de concesión de subvencións outorgadas polo Concello.

11) A Concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.

12) A concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.

13) Aprobación de baixas xustificadas de dereitos e obrigas pertencentes á agrupación de orzamentos pechados.

14) Resolución de recursos que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas que se teñen detalladas nos apartados anteriores.

C) As atribucións que lle atribúan as Leis.

Cuarto.–Fixar como periodicidade para as sesións ordinarias os martes cada dúas semanas, ás 13:30 horas.

Quinto.–A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.

Sexto.–A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Sétimo.–Da presente resolución darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Así o ordena e dispón o Sr. alcalde, do que eu, secretario, dou fe.

Cedeira, 15/10/2009

O Alcalde

Asdo. José Luis Vergara Rey

O Secretario

Asdo. Anxelo Estévez Torres

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=575