O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro
Fecha Jueves, 22 octubre a las 00:02:11
Tema PHP-Nuke


A Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, iniciou a redacción dun proxecto para intervir nas cetarias do Sarridal, en Cedeira, e comezar así a recuperación desa zona de litoral, segundo indicou esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que se desprazou ata a localidade para supervisar as obras executadas con fondos do Plan E. O novo proxecto podería levar ao terreo a principios do 2010, segundo comentou Louro.


(c) 2009 La Voz de Galicia


Louro acudiu a Cedeira acompañado polo subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pouse. Alí foi recibido polo alcalde, José Luis Vergara, para, a continuación, visitar unha das dúas actuacións que actualmente se desenvolven con cargo aos 1,32 millóns de euros que o Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) destinou a Cedeira. Louro destacou que as obras que se executan neste municipio permitiron crear 37 empregos, un 32% máis dos previstos inicialmente (28 postos de traballo).

Os dous proxectos aprobados en Cedeira atópanse en fase de execución nestes momentos e consisten na mellora de servizos e rehabilitación de pavimentos en rúas do centro histórico, cun investimento de 1.125.426,77 euros, e a construción dunha senda peonil de Cedeira á Areosa, cuxo custo ascende a 198.799,23 euros.

Por outra banda, o delegado do Goberno fixo un repaso das actuacións do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino en Cedeira, tanto das xa realizadas como das programadas. Así, indicou que está previsto que en 15 días comecen os traballos de acondicionamento dunha senda no bordo do río Condomiñas, cun orzamento de 100.000 euros. Así mesmo, anunciou que aproximadamente no prazo dun mes está previsto que se adxudique a redacción do proxecto para acondicionar un paseo tamén na contorna do río Condomiñas, cun importe de licitación de 59.000 euros.

Link: VONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=574